Mohawk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mohawk
Joseph Brant by Gilbert Stuart, 1786.jpg
Thayendanegea ou Joseph Brant, por Gilbert Stuart, 1786
Poboación
Poboación total:
78.000
Rexións principais:
(Quebec, Ontario) Flag of Canada.svg Canadá 30.000
(Nova York) Estados Unidos de América Estados Unidos 20.000
Aspectos culturais
Lingua inglés, mohawk, francés, mohawk holandés, Outros dialectos Iroqueses
Relixión Karihwiio, Kanoh'hon'io, Kahni'kwi'io, Cristianismo, Longhouse, Handsome Lake, Outras relixións indíxenas
Grupos
relacionados
Pobo seneca, Oneida, Cayuga, Onondaga, Tuscarora, outros pobos Iroqueses

Os Mohawk (nome tomado do Narraganset 'mohowaùuck', [1]) son a tribo americana máis oriental da Confederación iroquesa. O seu autónimo é Kanien'gehaga, a xente do lugar da pedra. O seu territorio abranguía o que hoxe en día é o sur de Quebec e o leste de Ontario. Os seus asentamentos actuais inclúe as áreas arredor do Lago Ontario e o Río St Lawrence no Canadá. O seu territorio tradicional estendíase cara o sur do Río Mohawk, cara o leste das Green Mountains de Vermont, cara o oeste ata a fronteira cos Oneida, e ó norte co Río St Lawrence. Como membros orixinais da Confederación iroquesa, ou Haudenosaunee, os Mohawk eran coñecidos como os "Gardiáns da Porta Leste". A relixión mohawk predominante é animista.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]