Mohamed Zahir de Afganistán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mohammed Zahir Shah»)
Infotaula de personaMohamed Zahir de Afganistán

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fa) محمد ظاهرشاه Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de outubro de 1914 Editar o valor em Wikidata
Cabul (Emirado do Afeganistão) Editar o valor em Wikidata
Morte23 de xullo de 2007 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
Cabul (Islamska Republika Afganistanu) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCabul Editar o valor em Wikidata
Monarch of Afghanistan (en) Traducir
8 de novembro de 1933 – 17 de xullo de 1973 (golpe militar)
← Mohammed Nadir Shah (pt) TraducirMohammed Daoud Khan (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaOlgiata (en) Traducir (1973–2002)
Palácio de Darul Aman (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeAfganistán Editar o valor em Wikidata
RelixiónSunnismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónLycée Janson-de-Sailly (pt) Traducir
Escola Secundária Habibia (pt) Traducir
Military College Jhelum (en) Traducir
Lycée Michelet, Vanves (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloKing of Afghanistan (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastia Barakzai (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeHumaira Begum (en) Traducir (1931–2002) Editar o valor em Wikidata
FillosPrincess Bilqis Begum of Afghanistan (en) Traducir, Muhammad Akbar Khan, Crown Prince of Afghanistan (en) Traducir, Ahmad Shah Khan, Crown Prince of Afghanistan (en) Traducir, Princess Maryam Begum of Afghanistan (en) Traducir, Prince Muhammad Nadir Khan of Afghanistan (en) Traducir, Prince Shah Mahmud Khan of Afghanistan (en) Traducir, Prince Muhammad Daoud Pashtunyar Khan of Afghanistan (en) Traducir, Prince Mirwais Khan of Afghanistan (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisMohammed Nadir Shah (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Mah Parwar Begum (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
novembro de 1991failed terrorism plot (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: بارکزایی-1 Find a Grave: 20590318 Editar o valor em Wikidata

O rei Mohamed Zahir, chamado Mohamed Zahir Xa (que quere dicir "rei"), nado en Cabul o 16 de outubro de 1914 e morto na mesma cidade o 23 de xullo de 2007, foi o xefe de estado e monarca de Afganistán entre 1933 e 1973.

Orixes[editar | editar a fonte]

Mohamed Zahir foi o fillo de Mohamed Nader, autoproclamado rei afgán, e descendente dunha ampla familia de gobernantes e príncipes coma o ghan Sardar Mohamed, medio irmán do ghan Dost Mohamed que vendeu a cidade de Peshawar en troques de ouro. O seu avó era o ghan Iahia, encargado das negociacións entre o goberno británico e o ghan Iaqub para o tratado de Gandomak, e que marchou a vivir á India logo da sinatura.

Era paxto, pero falaba fluidamente a lingua persa da elite afgá. Xa como príncipe, foi educado en Francia, no Instituto Pasteur e na Universidade de Montpellier, onde tomou contacto coa democracia de preguerra, e onde aprendeu a falar francés, inglés e italiano.

Reinado[editar | editar a fonte]

O 8 de novembro de 1933 foi proclamado rei logo do asasinato de seu pai Mohamed Nader, que el mesmo presenciou. Tiña 19 anos, e cedeulles o poder aos seus tíos, que gobernaron nos primeiros tempos. Xa coas rendas do estado collidas, en 1964 proclamou unha nova constitución, promoveu a modernización da economía, implantou un parlamento (se ben con poderes limitados) e animou a educación ás mulleres, medidas que o levaron a gañar a inimizade dos sectores musulmáns ortodoxos.

Promoveu o paxto como lingua de comunicación, en detrimento do persa, iniciativa que non gozou o éxito agardado, e escolleu os seus ministros e altos cargos de entre o pobo paxto, o que provocou a reacción dos outros grupos étnicos que constituíron os seus partidos e movementos políticos, coma o do taxico Mohamed Tahir Badakhshi.

Exilio e retorno[editar | editar a fonte]

O 17 de xullo de 1973, cando Mohamed Zahir estaba en Italia operándose da vista e tratándose do lumbago, o seu curmán e antigo primeiro ministro o ghan Mohamed Daud deu un golpe de estado e estableceu un goberno republicano. Mohamed Zahir abdicou e deixouse quedar no exilio italiano, vivindo nunha gran casa en Olgiata, ao norte de Roma. Prohibíuselle volver ao seu país durante o réxime comunista dos anos setenta, e tampouco volveu durante o réxime dos talibáns.

En 1991 un home, facéndose pasar por xornalista portugués, tentou asasinalo a coiteladas, sen conseguilo, e en 2002 volveu a Cabul co inicio da democratización. Abriu a Loia Irga, o sistema de consultas entre os principais líderes afgáns para a constitución dun novo réxime, e esperaba a posibilidade de ser designado presidente (que non rei), cargo que ao final non recibiu. A constitución afgá aprobada durante a ocupación estadounidense nomeábao, iso si, "pai da patria", en recompensa polo seu papel na historia do país e como símbolo de unidade nacional.

Se ben el non estivo no goberno, o novo presidente de Afganistán, Hamid Carsai, pertence ao seu clan, e moitos dos seus parentes e seareiros formaron parte do executivo de transición. Regresou a vivir no antigo palacio real, pero a Loia Irga rexeitou devolverlle o trono. O 7 de decembro de 2004 participou na cerimonia de investidura de Carsai como presidente de Afganistán.

A partir dese ano comeza a sufrir problemas de saúde: esvara no baño durante dúas visitas a Francia, a primeira en outubro de 2002 e a segunda en xuño de 2003 e máncase nas costelas e rompe o fémur, respectivamente. En febreiro de 2004 é hospitalizado durante dúas semanas en Nova Delhi por un problema intestinal, e en maio dese mesmo ano ten que acudir a un hospital dos Emiratos Árabes Unidos por hemorraxias nasais producidas pola calor. Faleceu no seu palacio de Cabul dunha longa enfermidade, e a súa morte foi anunciada na televisión polo presidente Carsai.

Herdeiros[editar | editar a fonte]

Casou con Homairah Begun o 7 de novembro de 1931, e xuntos tiveron seis nenos e dúas nenas.

Malia ser o cuarto na liña de sucesión, o príncipe Mir Wais foi designado príncipe herdeiro, viviu a carón de seu pai e traballou como o seu asistente e conselleiro. Sería o hipotético novo rei de Afganistán en caso de producirse unha reinstauración monárquica.


Predecesor:
Mohamed Nader
 Rei de Afganistán 
1933 - 1973
Sucesor:
instauración da república


Predecesor:
Rei Mohamed Nader
 Xefes de estado de Afganistán 
1933 - 1973
Sucesor:
ghan Mohamed Daud