Modesto Brocos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modesto Brocos Gómez

Modesto Brocos, autorretrato.
Nacemento 1852
Lugar de nacemento Santiago de Compostela
Morte 1936
Lugar de morte Río de Xaneiro

Modesto Brocos Gómez, nado en Santiago de Compostela en 1852 e finado en Río de Xaneiro en 1936, foi un pintor galego-brasileiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era irmán do escultor Isidoro Brocos y Gómez, profesor da Academia de Belas Artes da Coruña. Terminados os estudos, aos dezaoito anos, pretendeu gañarse a vida en Arxentina, mais dous anos despois estaba en Brasil ilustrando o semanario O Mequetrefe, de Río de Xaneiro. Introduciu no país a técnica do xilogravado aplicándoa nas súas ilustracións.

Em 1875 inscribiuse como alumno libre na Academia Imperial de Belas Artes, onde recibiu clases de Vítor Meireles e Zeferino da Costa.

Engenho de mandioca (Muíño de mandioca), 1892

De xenio inquedo, antes de dous anos mudouse a París, onde ingresou na Escola de Belas Artes, tendo como mestre ó alemán Henri Lehmann. Incontento, marchou a Madrid, regresando ó pouco a París e despois marchando a Roma, onde encontrou ó seu protector, o artista español Pradilla. Frecuentou durante cinco anos a Academia Chigi ata 1890. Nesa época xa era un artista maduro, autor de excelentes obras e frecuentador do Salon parisino. Na condición de pintor con formación completada, retorna a Río de Xaneiro por invitación de Rodolfo Bernardelli, daquela director da Escola Nacional de Belas Artes, sucesora da vella Academia Imperial.

Profesor da Escola Nacional de Belas Artes durante a Primeira República Brasileira, fixou con realismo os tipos e as escenas brasileiras. Practicou diversos xéneros de pintura e foi autor de libros como A questão do ensino de Bellas Artes (1915) e Retórica dos pintores (1933).

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Modesto Brocos

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • José Roberto Teixeira Leite: Pintores espanhois no Brasil, São Paulo, Espaço Cultural Sérgio Barcellos, 1996 (en portugués).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]