Modalidade narrativa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En narratoloxía distínguense os seguintes tipos de modalidade narrativa:

  • Estilo directo: É aquel en que se ofrece o diálogo en boca dos personaxes. É unha narración subxectiva que gaña en autenticidade e tensión narrativa.
  • Estilo directo libre: Variante do estilo directo na que se reproducen as palabras ou o pensamento dun falante sen que haxa marca explícita de cita.
  • Estilo indirecto: Transmisión literal das palabras dun personaxe.
  • Estilo indirecto libre: O narrador transmite mediante a súa voz o que o personaxe dixo.
  • Monólogo interior: Discurso sen receptor e non pronunciado. O personaxe deixa que o seu pensamento discorra para si mesmo.
  • Monólogo citado: Transcrición directa no discurso novelístico do pensamento dun personaxe en forma de soliloquio
  • Monólogo narrado: Representación do pensamento íntimo dun personaxe en terceira persoa mediante o estilo indirecto libre
  • Psiconarración: O narrador omnisciente é o encargado de reflectir coas súas palabras un fluxo interior do personaxe