Xuventude

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mocidade»)
Grupo de mozas.

A xuventude (do latín: iuventus) ou mocidade é a idade que se sitúa entre a infancia e a idade adulta. Segundo a Organización das Nacións Unidas, a xuventude abrangue o rango de idade entre os 10 e os 24 anos; incluíndo a puberdade (de 10 a 14 anos), a adolescencia (de 15 a 19 anos) e a xuventude plena (de 20 a 24 anos).[1][2]

O 12 de agosto é o Día Internacional da Xuventude. A data foi proclamada o 17 de decembro de 1999 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A saúde dos mozos: un desafío para a sociedade, 2000, Informe Saúde para todos no ano 2000, pag. 12 OMS
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xuventude.
  3. A resolución foi a 54/120 I e fíxose por recomendación da Conferencia Mundial de Ministros de Asuntos da Xuventude, celebrada en Lisboa do 8 ao 12 de agosto de 1998