Mobile Suit Gundam 00

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mobile Suit Gundam 00
Na rede
http://www.gundam00.net
IMDB: tt1134000 Allocine: 6029 TV.com: shows/mobile-suit-gundam-double-00 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Kidō Senshi Gandamu Daburu Ō (機動戦士ガンダム00), coñecido internacionalmente como Mobile Suit Gundam 00, é unha serie de animación anime de ciencia ficción da serie Gundam, a primeira que se realizou en alta definición. A MBS emitiu no Xapón os 25 episodios da primeira tempada entre o 6 de outubro de 2007 e o 29 de marzo de 2008. A segunda tempada comezou a se emitir, tamén pola mesma emisora, o 5 de outubro deste ano. A serie creouna a empresa Sunrise baixo a dirección de Seiji Mizushima, encargándose da historia Yōsuke Kuroda, os personaxes deseñounos Yun Kōga.

A serie ambiéntase nunha terra futurista centrada nunha forza paramilitar privada que pretende finalizar coas guerras e conflitos armados mediante un sistema de robots guerreiros móbiles coñecidos como gundams. No ano 2307 Anno Domini como consecuencia da desaparición da enerxía fósil a humanidade ten de procurar unha nova fonte de enerxía, a construción de plantas solares orbitando arredor da terra vai ser a solución. Pero esta fonte só beneficia a uns poucos, as principais potencias e os seus aliados. As guerras nos países menos desenvolvidos van ser unha constante.