Mobella ártica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mobella ártica
Plongeon arctique nid.jpg
Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Gaviiformes
Familia: Gaviidae
Xénero: 'Gavia'
Especie: ''G. arctica''
Nome binomial
''Gavia arctica''
(Linnaeus, 1758)
Subespecies
  • G. a. arctica
  • G. a. viridigularis

A mobella ártica é unha ave da familia das Gaviidae.

Morfoloxía e Hábitos[editar | editar a fonte]

Trátase dun ave de 58-68 cm de lonxitude e un peso entre os 2000 e 3000 gramos. É meirande có Mergullón cristado. Cabeza e caluga grises e o lombo de cor negra con faíscas brancas. No inverno a plumaxe é unicolor con tonalidades pardo ou gris escuro. Femia e Macho son morfoloxicamente iguais. Alimentase de peixes que captura durante os seus mergullos. Pode chegar a mergullarse durante 3 minutos sen interrupción. Atópase en lagoas grandes.

Reprodución[editar | editar a fonte]

O período de cría vai de maio a xullo, facendo unha posta de 2 ovos. O tempo de incubación é de 28-30 días. Os polos voan ós dous meses. O niño soe estar localizado na costa.

Distribución[editar | editar a fonte]

Na época de cría está presente en Escandinavia, Escocia e Noroeste de Rusia. Fóra da época de cría atópase ó longo da costa atlántica europea (agás Portugal), costa adriática, Mar Exeo e o Mar Negro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest, s.a. (en castelán)