Mitsubishi J2M
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
| Mitsubishi J2M Raiden | |
|---|---|
| Tipo | Caza |
| Fabricante | Mitsubishi Heavy Industries |
| Primeiro voo | marzo de 1942 |
| Construídos | Uns 500 |
O Mitsubishi J2M Raiden (雷電, lóstrego) foi un caza monopraza xaponés usado durante a Segunda Guerra Mundial. Deseñouse para suceder ao A6M en tarefas de interceptación. Era un bo caza que fracasou no seu cometido debido a fallos estruturais, motrices e de produción. Voou por primeira vez en marzo de 1942 e construíronse só 500 exemplares dos miles previstos. O alcume que lle puxeron os aliados foi "Jack".