Mitsubishi G4M
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Mitsubishi G4M | |
|---|---|
| G4M "Betty" | |
| Tipo | Bombardeiro |
| Fabricante | Mitsubishi |
| Deseñado por | Kiro Honjo |
| Introducido | xuño de 1941 |
| Construídos | 2.446 |
O Mitsubishi G4M foi un bombardeiro xaponés usado durante a Segunda Guerra Mundial. Deseñouse no ano 1937 como bombardeiro de ataque baseado en terra e tivo moito éxito durante as primeiras fases da guerra, aínda que avanzada esta sufriu numerosísimas perdas. Foi o bombardeiro xaponés máis construído, fabricándose en total 2.446 entre 1939 e agosto de 1945. Os aliados puxéronlle o alcume de "Betty".