Misuri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Misuri
State of Missouri
Bandeira de Misuri Selo de Misuri
Bandeira Selo
Lema: The Show Me State
Mapa dos EUA coa Misuri en destaque
Outros Estados dos EUA
Datos xerais
Capital Jefferson City
Maior cidade Kansas City
Gobernador Matt Blunt
Lingua oficial: Inglés
Área 180.693 km² (21)
 - Terra 178.590 km²
 - Auga 2.101 km² (1,16%)
Poboación (2000)
 - Poboación 5.595.211 (17)
 - Densidade 31 hab /km² (27)
Entrada na Unión
 - Data 10 de agosto de 1821
 - Orde 24º
Xeografía
Fuso horario Central: UTC-6/-5
Latitude 36°N - 40°35'N
Lonxitude 89°6'O - 95°42'O
Largo N-S 480 km
Ancho E-O 385 km
Altitude
 - Altitude media 240 m
 - Máis elevado 540 m
 - Menos elevado 70 m
Códigos e abreviacións
 - USPS MO
 - ISO 3166-2 US-MO
Sitio web
www.state.mo.us

Misuri é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. Misuri é o estado americano que limita con máis estados no país. Son en total oito estados cos cales Misuri fai límite: con Iowa ao norte, Illinois, Kentucky e Tennessee ó leste (separados polo Río Mississippi), ao sur con Arcansas e ó oeste con Oklahoma, Kansas e Nebrasca.

O produto interno bruto de Misuri, en 2003, foi de 29 464 dólares, o vixésimo sétimo maior do país. As principais industrias do estado son a industria aeroespacial, equipamentos de transporte, procesamento de alimentos, produtos químicos, material impreso e publicitario e equipamentos electrónicos. Os principais produtos agropecuarios de Misuri son bovinos, porcinos, soia, palla, trigo e ovos. O estado posúe a sétima maior produción de carne bovina do país, e preto de 108 mil facendas, o segundo maior número, atrás só de Texas. O turismo é tamén unha importante fonte de renda do estado.

Misuri facía parte orixinalmente da Compra de Luisiana, tendo sido admitido como un estado americano en 1821 por causa do Compromiso de Misuri. O Estado recibiu o seu alcume de Portal para o Oeste porque o estado serviu como un punto de partida para persoas partindo rumbo ao Oeste americano. Durante a Guerra Civil Americana, Misuri, un estado escravista, dividiuse, con partes adherindo á Unión e partes secedendo da Unión e xuntándose cos Estados Confederados de América. Derrotado, foi readmitido na Unión en 1867.