Miss Ledyia
| Miss Ledyia | |
|---|---|
| Título orixinal | |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | José Gil y Gil |
| Produtor | |
| Guión | Rafael López de Haro |
| Baseado en | {{{baseado}}} |
| Intérpretes | Fefa Sandoval Marina Fonseca Petra Gaztambide Lola Quiñones Castelao Margarita Berbén |
| Música | |
| Fotografía | |
| Montaxe | |
| Estudio | {{{estudio}}} |
| Distribuidor | |
| Ano | 1916 |
| Duración | 20 minutos |
| País | |
| Xénero | |
| Orzamento | |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
Miss Ledyia ou Miss Ledya é o primeiro filme de ficción galego que se coñece. Dirixiuno en Pontevedra José Gil y Gil en 1916 con guión de Rafael López de Haro e ten unha duración de 20 minutos.
Índice |
Argumento [editar]
A historia, moi influída polos seriais cinematográficos de Louis Feuillade moi de moda daquela, narra a chegada a Pontevedra de Miss Ledyia Katson e o seu tío millonario dende os Estados Unidos e a súa estadía na Illa da Toxa onde coinciden cos reis de Suavia que se encontran de incógnito e que están ameazados pola chegada tamén dun anarquista que pretende realizar un atentado, unha clara referencia ao atentado de Saraievo que desencadenou a Primeira Guerra Mundial.
Curiosidades [editar]
Como anécdota, cómpre sinalar que Castelao participou como extra no filme: os actores, afeccionados, pertencían á burguesía pontevedresa.
Tan só se conserva unha copia do filme que estivo no Museo de Pontevedra ata 1996 cando llo cedeu á Filmoteca Española. Actualmente está no Centro Galego de Artes de Imaxe, que restaurou a copia.
Intérpretes [editar]
Por orde de aparición nos créditos.
- Fefa Sandoval
- Marina Fonseca
- Petra Gaztambide
- Lola Quiñones
- Margarita Berbén
- Clara Sobrino
- Fausto Otero
- Castelao
- Víctor G. Mecadillo
- Isidoro Millán
- Félix Rojas
- Manuel Espárrago
- Antonio Blanco Porto