Misfits

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Misfits
Misfits en Chile.jpg
Orixe Lodi, New Jersey, Flag of the United States.svg
Período 1977 – 1983
1995 – actualidade
Xénero(s) horror punk, hardcore punk, heavy metal
Selo(s) discográfico(s) Plan 9, Caroline, Roadrunner, Misfits
Membros Jerry Only
Dez Cadena
Eric "Chupacabra" Arce
Antigos membros Glenn Danzig
Diane DiPiazza
Jimmy Battle
Manny Martínez
Franché Coma
Mr. Jim
Bobby Steele
Joey Image
Arthur Googy
Doyle Wolfgang von Frankenstein
Robo
Brian Damage
Dr. Chud
Michale Graves
Marky Ramone
Na rede
http://www.misfits.com/

Misfits é unha banda estadounidense de horror punk procedente de Lodi, New Jersey e formada en 1977. Adoita a ser recoñecida como a proxenitora do subxénero horror punk, que mestura punk rock e outras influncias musicais cunha estética de películas de terror. O grupo tivo unha formación fluctuante durante os seus prumeiros seis anos de vida, co seu creador Glenn Danzig e o baixista Jerry Only como únicos membros constantes. Durante ese tempo editaron varios EPs e sinxelos e, co irmán de Only, Doyle, como guitarrista, os álbums Walk Among Us (1982) e Earth A.D./Wolfs Blood (1983), ámbolos dous considerados pedras angulares do movemento hardcore punk de comezos dos anos 80. The Misfits separaríase en 1983 e Danzig formaría Samhain e posteriormente Danzig. Publicaronse varios discos de material inédito e re-edicións tras a disolución da banda, e a súa música foi moi influínte no punk rock, o heavy metal e o rock alternativo de finais dos 90 e principios dos anos 2000.

Despois dunha serie de batallas legais con Danzig, Only e Doyle recuperaron os dereitos para gravar e actuar como The Misfits. Os dous formaron unha nova versión da banda en 1995 co vocalista Michale Graves e o batería Dr. Chud. Esta encarnación do grupo está máis enraizada no heavy metal, e publicou os álbums American Psycho (1997) e Famous Monsters (1999) antes de disolverse no ano 2000. Jerry Only pasouse entón ás voces e recrutou ao antigo guitarrista de Black Flag Dez Cadena e ao antigo batería dos Ramones Marky Ramone para unha xira de 25 aniversario da banda. Esta formación editou un álbum de versións titulado Project 1950 e xirou durate varios anos. No 2005 foi substituído por Robo, que tocara en Black Flag a comezos dos 80 e tamñen estivera nos Misfits entre 1982 e 1983. A banda editou entón o sinxelo "Land of the Dead" no 2009. A actual formación do grupo, composta por Only, Cadena e o batería Eric "Chupacabra" Arce, publicou o álbum The Devil's Rain en outubro do ano 2011.

Discografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]