Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
"Mirrorcle World" é o sinxelo en formato físico nº 43 (e o 44 en tódolos formatos) da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado ó mercado o 8 de abril do ano 2008 so o selo avex trax.
Información [editar]
A canción que dá título ó sinxelo é unha versión estendida da canción "Mirror", unha canción introdutoria de dous minutos de duración do seu noveno álbum en estudio, Guilty. O sinxelo foi lanzado exactamente dez anos despois do seu sinxelo debut con Avex, "Poker Face". O sinxelo inclúe dúas novas gravacións do seu segundo e quinto sinxelo, ambos os dous lanzados o ano 1998, "You" e "Depend on you", respectivamente.
Carteis promocionais de "Mirrorcle World" en Tokio, Xapón.
"Mirrorcle World" foi certificado como disco de platino polo RIAJ por distribuír máis de 250.000 copias en Xapón, sendo o primeiro sinxelo de Hamasaki dende "Blue Bird", que fora lanzado en 2006.
A versión CD+DVD de "Mirrorcle World", de acordo coas declaración de Avex, foi lanzada nunha "presentación especial limitada" que vén nunha caixa vertical. Tamén, as primeira edicións para a prensa do CD+DVD viñan cun póster da imaxe da portada. A versión dun único CD, porén, veu nunha edición normal. Spoinichi Annex revelou que a portada de Mirrorcle World incluiría un topless de Hamasaki, na liña das portadas do seu álbum e do seu sinxelo "LOVEppears" e "Appears", respectivamente, así e todo, se ben o pelo de Hamasaki cobre o seu busto como nos mencionados produtos, na portada de "Mirrorcle World" Hamasaki tapa os seus peitos co seu brazo.
O 9 de xaneiro, comezan a circular rumores de que Kamasaki voara a Venecia para gravar un comercial para Panasonic. O vindeiro día, o rumor confirmouse e o 22 de febreiro, Panasonic lanzou o comercial, utilizando "Mirrorcle World". Ademais de gravar o comercial para Panasonic, Hamasaki voou ata París onde rodou o videoclip para a canción. O devandito vídeo lanzouse oficialmente o 19 de marzo de 2008.
Lista de Temas [editar]
Versión con "YOU" [editar]
| # |
Título |
Duración |
| 1. |
Mirrorcle World (Original Mix) |
5:14 |
| 2. |
Life (Original Mix) |
3:49 |
| 3. |
YOU (10th Anniversary Version) |
4:47 |
| 4. |
Mirrorcle World (Instrumental) |
5:16 |
| 5. |
Life (Instrumental) |
3:49 |
| 6. |
YOU (10th Anniversary Version -Instrumental-) |
4:43 |
Versión con "Depend on you" [editar]
| # |
Título |
Duración |
| 1. |
Mirrorcle World (Original Mix) |
5:14 |
| 2. |
Life (Original Mix) |
3:49 |
| 3. |
Depend on You (10th Anniversary Version) |
4:41 |
| 4. |
Mirrorcle World (Instrumental) |
5:16 |
| 5. |
Life (Instrumental) |
3:49 |
| 6. |
Depend on You (10th Anniversary Version -Instrumental-) |
4:38 |
Posición nas Listas [editar]
| Lanzamento |
Lista |
Máxima Posición |
Vendas Primeira Semana |
Vendas Totais |
Semanas |
| 8 de abril,2008 |
Oricon Daily Singles Chart |
#1 |
|
|
|
| 8 de abril,2008 |
Oricon Weekly Singles Chart |
#1 |
145,576 |
193,016 |
15 |
| 8 de abril,2008 |
Oricon Monthly Singles Chart |
#2 |
|
|
|
| 8 de abril,2008 |
Oricon Yearly Singles Chart |
#25 (o 17 de setembro, 2008) |
|
|
|
Listas de Vendas Dixitais [editar]
| Lista |
Máxima Posición |
| iTunes Japan Top Songs |
#3 |
| Recochoku Chaku-Uta[1] |
#2 |
| Recochoku Chaku-Uta Melody[2] |
#8 |
| Recochoku Chaku-Uta All[3] |
#3 |
| Mu-mo Song Download Chart[4] |
#1 |
| Dwango Truetone Ringtones (Chaku Uta)[5] |
#2 |
| Dwango Polyphonic Ringtones (Chaku Mero)[6] |
#4 |
| USEN |
#1 |
Outras Listas [editar]
| Lista |
Máxima Posición |
| World Top 100 Singles[7] |
#41 |
| Tokio Hot 100[8] |
#35 |
| MTV Japanese Chart Express[9] |
#3 |
| CDTV Top 100[10] |
#1 |
| ZIP FM Hot 100 (Nagoya)[11] |
# |
| FM Osaka 851[12] |
#31 |
| Toyama Countdown Top 50[13] |
#23 |
| LastFM's Weekly Top Tracks[14] |
#2 |
Notas e Referencias [editar]
|
|
|
| Álbums de estudio |
|
|
| DVDs |
A Film for ×× · A Clips · A Clips Vol.2 · Tsuki-ni Shizumu · Ayumi Hamasaki Complete Live Box A · Complete Clip Box · Distance Love
|
|
| Sinxelos |
|
|
| Compilacións |
|
|
| Remixes |
|
|
| Filmografía |
Twins Teacher · Battle spirits ryûko no ken · Sumomo mo momo · Miseinen · Like Grains of Sand · Gakko II
|
|