Minotaur 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Minotaur 1
FunciónLanzador suborbital lixeiro
país de orixeEstados Unidos[1][2]
Tamaño
altura17,6 m[1]
diámetro1,68 m[1]
masa33.100 kg[1]
Etapas
  • M55E1
  • SR19
  • M57
  • SR73
Carga Traxectoria suborbital
masa440 kg a ata 6700 km[1]
foguetes derivados
FamiliaMinotaur
Lanzamento históricos
EstadoRetirado[1]
SitiosBase Vandenberg da Forza Aérea[1][2]
Total de lanzamentos6[1][2]
exitosos6[1]
Voo inaugural28 de maio de 2000[1][2]
Último voo21 de marzo de 2007[1][2]
Primeira etapa – Minuteman M55[1][2]
propelentePropelente sólido[1]
Segunda etapa – Minuteman SR19[1][2]
propelentePropelente sólido[1]
Terceira etapa – Minuteman M57[1][2]
propelentePropelente sólido[1]
editar datos en Wikidata ]


Minotaur 2 foi o nome dun foguete espacial suborbital dos Estados Unidos propulsado en tódalas súas etapas por propelente sólido e producido pola empresa Orbital Sciences. As tres etapas do foguete derivan do mísil balístico intercontinental retirado Minuteman 2. Foi usado exclusivamente en lanzamentos suborbitais, principalmente para despregar obxectivos en prácticas de defensa contra ataques de mísiles.[1][2]

Dos seis lanzamentos feitos polo Minotaur 2, todos foron exitosos. O foguete non estaba dispoñible para uso comercial e tódolos lanzamentos foron gobernamentais e feitos desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[1][2]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Voo[1][2] Data[1][2] Rampla de lanzamento[1][2] Carga[1][2] Resultado[1][2] Notas
1 28 de maio de 2000 Base Vandenberg Demostrador TLV (Target Launch Vehicle) Éxito. Primeiro voo do Minotaur 2.
2 4 de decembro de 2001 Base Vandenberg Obxectivo IFT 7 Éxito
3 16 de marzo de 2002 Base Vandenberg Obxectivo IFT 8 Éxito
4 15 de outubro de 2002 Base Vandenberg Obxectivo IFT 9 Éxito
5 11 de decembro de 2002 Base Vandenberg Obxectivo IFT 10 Éxito
6 21 de marzo de 2007 Base Vandenberg Obxectivo SBX Éxito Último voo dun Minotaur 2

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 Mark Wade (2011). "Minotaur 2" (en inglés). Consultado o 15 de febreiro de 2015. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Minotaur-2 (OSP-TLV)" (en inglés). Consultado o 15 de febreiro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]