Minor Disturbance

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Minor Disturbance
EP de The Teen Idles
Data de edición: decembro de 1980
Lanzamento: {{{lanzamento}}}
Datas de gravación: setembro de 1980
Estudio(s) de gravación:
Duración: 9:20
Xénero musical: hardcore punk
Selo discográfico: Dischord Records
Producido por: Skip Groff
Cronoloxía
- Minor Disturbance Teen Idles

Minor Disturbance foi a única edición de estudio da banda estadounidense de hardcore punk The Teen Idles. Publicouse en decembro de 1980 a través do selo Dischord Records. Formado por oito cancións, Minor Disturbance fai referencia a varios temas relacionados coa banda, dende ser rexeitados nos concertos debido á súa idade ("Too Young to Rock") ata que sentían como medraba a compracencia de moitas das primeiras bandas de punk rock ("Fleeting Fury"). Tras o seu lanzamento Minor Disturbance, a primeira edición de Dischord Records, recibiu críticas positivas de fancines locais e foi emitido en emisoras de radio da zona.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Todas as letras escritas por Ian MacKaye, toda a música composta por The Teen Idles.

N.º Título Duración
1. "Teen Idles"   0:45
2. "Sneakers"   1:28
3. "Get Up and Go"   0:52
4. "Deadhead"   1:21
5. "Fleeting Fury"   1:20
6. "Fiorucci Nightmare"   0:44
7. "Getting in My Way"   1:05
8. "Too Young to Rock" (ao vivo no 9:30 Club o 6 de novembro de 1980) 2:04
9:20