Miniature Card

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miniature Card.

Miniature Card (Tarxeta Miniatura en galego) ou Mini Card (Tarxeta Mini en galego) é un estándar de tarxeta de memoria flash ou SRAM (RAM síncrona), promovido por Intel no ano 1995 e apoiado por Fujitsu, Advanced Micro Devices e Sharp Electronics. Hoxe en día, ningunha das compañías mencionadas anteriormente a fabrican.

Usos[editar | editar a fonte]

A Miniature Card Card Implementers Forum (MCIF) promoveu este tipo de tarxeta para certos dispositivos concretos, tales como: PDA's, ordenadores de bolso, gravadoras de son dixitais, cámaras dixitais e nos primeiros teléfonos intelixentes. Úsase en dispositivos tales como Philips Velo 500 e CISCO 800 e 1700.

Dimensións[editar | editar a fonte]

A Miniature Card, como o seu nome indica, ten unhas dimensións reducidas 37 × 45 × 3,5 mm de espesor, e pode ter dispositivos en ámbolos dous lados do seu substrato.

Características[editar | editar a fonte]

  • Ten un conector de 60 pins que era un subconxunto de unicamente memoria de PCMCIA.
  • Contaba con datos de 16 bits.
  • Un bus de direccións de 24 bits.
  • Traballaba a unha voltaxe de 3,3 o 5 voltios.
  • As tarxetas miniatura apoian Attribute Information Structure (AIS) (Atributo Estrutura da Información) na EEPROM identificación I²C.

O formato Miniature Card foi competidor das tarxetas SmartMedia e CompactFlash. Tamén se crean durante a década de 1990, e o anterior un tipo máis grande ca as tarxetas de PC. Esta batalla entre ambas as tarxetas foi vencida por CompactFlash e SmartMedia, que tiveron moito máis éxito no mercado da electrónica de consumo, provocando así un déficit nas Mini Card's, o cal terminou coa finalización da súa fabricación.