Minas Xerais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Minas Xerais - Minas Gerais")
Minal Gerais

Minas Xerais
Bandeira de Minas Xerais Escudo de Minas Xerais
Bandeira Escudo
Lema: Libertas Quæ Sera Tamen
(Latín: Liberdade aínda que tarde)
Himno: Hino de Minas Gerais
 
Minas Gerais in Brazil.svg
 
Estado Flag of Brazil.svg Brasil
Capital
 • Poboación
Belo Horizonte
2.375.444 (2010)
Linguas
 • Oficiais
Portugués
Portugués
Estatus
 • Gobernador
Estado
Antônio Anastasia (PMDB)
Fundación
1889
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 4º
586.528 km²
n/d
n/d km
0 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 2º
19.855.332 (2012)
34 hab./km²
Xentilicio Mineiro
Fuso horario
 • en verán
BRT (UTC-3)
BRST (UTC-2)
Dominio de Internet .br
Código ISO BR-MG
Estados do Brasil

Minas Xerais (en portugués, Minas Gerais) é o cuarto maior estado do Brasil, cunha extensión semellante á de Francia: 588 384,30 km². Localízase no Sueste e ten coma límites ó norte e nordeste a Bahia, ó leste o Espírito Santo, ó sursueste o Estado de Rio de Janeiro, ó sur e sudoeste o estado de São Paulo, ó oeste o Mato Groso do Sur e ó noroeste o estado de Goiás.

Historia[editar | editar a fonte]

A exploración da rexión iniciouse no comezo do século XVI, por bandeirantes (exploradores) orixinarios de San Paulo, que buscaban ouro e pedras preciosas. En 1693 as primeiras descubertas importantes de ouro na Serra do Sabaraçu provocaron un grande afluente de persoas. En 1696 fundouse a primeira freguesía, Nosa Señora do Ribeirão do Carmo, que en 1711 tornouse a primeira vila da rexión e actualmente chámase Mariana.

Igrexa de San Francisco de Asís, en São João del Rei, cidade fundada durante o Ciclo do Ouro.

Durante a primeira metade do século XVIII, Minas Xerais tornouse a máis importante rexión económica do Brasil. En 1720 foi separada de San Paulo e tornouse capitanía. Entre tanto, a produción de ouro comezou a caer despois de 1750, o que levou Portugal a buscar medios de aumentar a recadación de impostos, xerando a mecha dunha conspiración coñecida na historia como Inconfidencia Mineira.

Coa independencia do Brasil en 1822, a capitanía volveuse provincia do Imperio. Despois da proclamación da república en 1889, tornouse estado.

Durante o século XIX e comezos do século XX, o café e o gando foron dous importantes produtos na súa economía. Despois da segunda metade do século XX, a minería de ferro, a produción de enerxía hidroeléctrica en Furnas e Tres Marías, a siderurxia e o crecemento de parques industriais en varias cidades (especialmente na rexión metropolitana da capital, ó sur do estado, en Juiz de Fora e no Triângulo Mineiro ó oeste) trouxeron unha acentuada diversificación económica. Hoxe é o terceiro estado en actividade económica do Brasil, despois de San Paulo e case superando o Río de Xaneiro.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Minas Xerais esta sita entre os paralelos de 14º13'58" e 22º54'00" de latitude sur, e entre os meridianos de 39º51'32" e 51º02'35" ó oeste de Greenwich. É o segundo Estado brasilleiro en poboación total, con 18 millóns de habitantes. É tamén o Estado brasileiro co maior número de municipios, 853, ou sexa, 15,5% do total de municipios do Brasil.

A súa capital e a cidade máis poboada é Belo Horizonte, con 2,4 millóns de habitantes (máis de 5 millóns na súa rexión metropolitana, chamada Grande Belo Horizonte ou Grande BH). Outras cidades importantes son: Contagem (situada na Grande BH), Uberlândia, Juiz de Fora e Itabira.

Relevo[editar | editar a fonte]

Serra da Mantiqueira

As maiores altitudes están nas serras de Mantiqueira, de Espinhaço, de Canastra e no Parque Nacional do Caparaó, onde hai terreos localizados por riba dos 1700 metros. O punto culminante do estado é o Pico da Bandeira, con 2.891,9 metros de altitude, situado en divisa co estado do Espírito Santo.

Clima[editar | editar a fonte]

Os climas predominantes en Minas Xerais son o tropical e o tropical de altitude. As rexións máis altas e o sur do estado presentan as temperaturas máis baixas, chegando próximas de 0 °C en invernos rigorosos na rexión da Serra da Mantiqueira. Ó sur, sursueste, leste e centro do estado son rexistrados os maiores índices pluviométricos.

Noutro extremo, nas porcións norte e nordeste (parte do sertão brasileiro), as choivas escasas e as altas temperaturas fan esas rexións moi susceptibles á seca.

Hidrografía[editar | editar a fonte]

O principal río do estado é o São Francisco, que nace na Serra da Canastra a 1200 m de altitude e corta boa parte do estado. Outros ríos importantes son o Paranaíba e o Grande, que forman parte da conca hidrográfica do río Paraná.

Economía[editar | editar a fonte]

Parque Nacional do Caparaó.

O Estado é un importante produtor de café, soia, leite, carne e outros produtos agropecuarios, e tamén de produtos de minería: ferro, aluminio, calcario e outros. Actualmente tamén a industria é moi importante: transformación mineral, siderurxia (aceiro), electrónica, automóbiles (FIAT, Iveco e Mercedes Benz posúen fábricas no estado), ademais de téxtiles, alimentos e bebidas.

Outra actividade importante é o turismo. O Estado, dentre outros, ten como atractivos:

  • cidades históricas do período colonial, como Ouro Preto, Mariana, Sabará, Congonhas, São João del Rei, Tiradentes e Diamantina, con súas igrexas, predios públicos e casas ben conservadas
  • estáncias de augas minerais, como Araxá, Poços de Caldas, Lambari, Caxambu e outras
  • paisaxes naturais preservadas, en seus Parques Nacionais e reservas: Parque Nacional do Caparaó, Parque Nacional da Serra do Cipó, e outros.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]