Miloš Hrstić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miloš Hrstić
Información persoal
Nome Miloš Hrstić
Nacemento 20 de novembro de 1955 (68 anos)
Lugar de nacemento Rijeka
Posición Defensa
Carreira xuvenil
1968–1974 Rijeka
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1975–1985 Rijeka 230 (10)
1985–1986 Deportivo da Coruña 27 (0)
1987–1988 Olimpija Ljubljana 32 (0)
Total 289 (10)
Selección nacional
1974–1978 Iugoslavia sub-21 36 (1)
1979–1982 Iugoslavia 10 (0)
1979–1982 Iugoslavia olímpica 4 (0)
Adestrador
1988–1989 Orijent
1989–1990 Rijeka (xuvenís)
1991–1993 Pazinka
1993–1994 Grobničan
1994–1995 Dhofar
1995–1997 East Riffa
1998 Sichuan Guancheng
1999 Al-Ittihad Kalba
2000 Sichuan Guancheng
2001–2002 Henan Construction
2003 Chongqing Lifan
2004–2005 East Riffa
2006 Hunan Shocking
2006–2007 Busaiteen
2008 Grobničan
2009 Dhofar
2010–2011 Hunan Billows
2012 Al Taawon
2013 Shaanxi Laochenggen
2017 Sichuan Longfor (filial)
Na rede
FIFA: 51055 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Miloš Hrstić, nado en Rijeka o 20 de novembro de 1955, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol croata. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección iugoslava.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formado na canteira de NK Rijeka, xogou no equipo croata (daquela Iugoslavia) durante dez anos até a campaña 1984–85, cando foi traspasado.

Na tempada 1985–86 foi contratado polo Deportivo da Coruña, adestrado por Jesús Aranguren en Segunda División. No club galego permaneceu unha campaña, compartindo posición na defensa con xogadores como Antonio Dacosta, Silvi, Richard Moar ou Mauri.

Na tempada 1987–88 xogou no Olimpija Ljubljana.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Participou coa selección iugoslava no Mundial de Fútbol España 1982.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]