Millard Mitchell
Millard Mitchell (14 de agosto de 1903 – 13 de outubro de 1953) foi un actor estadounidense que participou nuns trinta títulos cinematográficos e en dous televisivos.
Nacido na Habana, Cuba, Mitchell apareceu en oito filmes entre 1931 e 1936. Volveu ao cine en 1942 tras unha ausencia de seis anos.
Pola súa actuación no filme de 1952, My Six Convicts, Millard Mitchell gañou o Globo de Ouro ao mellor actor de reparto. Mitchell é tamén coñecido por outros dous papeis: o superior de Gregory Peck no drama bélico de 1949 Twelve O'Clock High e o magnate da industria cinematográfica "R.F. Simpson" na comedia musical de 1952 Cantando baixo a choiva.
Mitchell faleceu aos cincuenta anos a causa dun cancro de pulmón en Santa Monica, California, e foi enterrado no cemiterio Holy Cross, en Culver City, California.
[editar] Ligazóns externas
- Millard Mitchell na IMDb (en inglés)
- Fotos