Milk (filme)
| Milk | |
|---|---|
| Título orixinal | Milk |
| [[Ficheiro:{{{imaxe}}}|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Gus Van Sant |
| Produtor | Dan Jinks Bruce Cohen |
| Guión | Dustin Lance Black |
| Baseado en | na vida de Harvey Milk |
| Intérpretes | Sean Penn Emile Hirsch Josh Brolin Diego Luna Alison Pill Victor Garber James Franco |
| Música | Danny Elfman |
| Fotografía | Harris Savides |
| Montaxe | Elliot Graham |
| Estudio | Focus Features |
| Distribuidor | Universal Pictures |
| Ano | 2008 |
| Duración | 128 min. |
| País | |
| Xénero | Biográfica, drama |
| Orzamento | US$ 20.000.000 |
| Filme anterior | {{{anterior}}} |
| Filme seguinte | {{{seguinte}}} |
| Ficha en IMDb | |
Milk é un filme estadounidense do 2008, dirixido por Gus Van Sant e baseado na vida do político e activista gai Harvey Milk, que foi o primeiro homosexual declarado en ser escolleito para un cargo público en California, como membro da Cámara de Supervisores de San Francisco.
Índice |
Sinopse [editar]
Milk, un gai carismático e alegre, múdase de Nova York para San Francisco en 1972, onde tiña pensado co seu namorado abrir unha tenda de fotografía no Castro, onde os gais non eran de todo ben recibidos. Mais Milk resiste, e en pouco tempo o barrio do Castro tórnase referencia na loita polos dereitos dos homosexuais.
A loita de Milk transformouno en líder político, comandando campañas federais, recibindo incluso apoios conservadores, como o do entón aspirante a presidencia Ronald Reagan.[1]
Elenco [editar]
- Sean Penn como Harvey Milk
- Emile Hirsch como Cleve Jones
- James Franco como Scott Smith
- Josh Brolin como Dan White
- Victor Garber como Prefeito George Moscone
- Denis O'Hare como Senador John Briggs
- Diego Luna como Jack Lira
- Ashlee Temple como Dianne Feinstein
- Alison Pill como Anne Kronenberg
- Eric Stoltz como Tom Ammiano
- Lucas Grabeel como Danny Nicoletta
- Stephen Spinella como Rick Stokes
- Joseph Cross como Dick Pabich
Produción [editar]
En 1991, Oliver Stone cavilou producir, mais non dirixir, un filme sobre a vida de Milk; chegou a escribir un guión para a película, que se chamaría The Mayor of Castro Street ("O alcalde da Rúa Castro"), baseado no libro homónimo de Randy Shilts. Porén, en xullo de 1992, o director Gus Van Sant foi quen acabou acertando coa Warner Bros. para dirixir a biografía de Harvey Milk co actor Robin Williams no papel principal. En abril de 1993, Van Sant desfixo o acordo co estudio, alegando diferenzas de creatividade.[2] Outros actores pensados para o papel de Milk na época foron Richard Gere, Daniel Day-Lewis e James Woods. En abril de 2007, Gus foi solicitado para dirixir o filme baseado no guión de Dustin Lance Black, sendo que, ao mesmo tempo, o director Bryan Singer estaba finalmente desenvolvendo The Mayor of Castro Street.[3] En setembro do mesmo ano, Sean Penn foi convocado para o papel de Harvey Milk e Matt Damon para o papel de Dan White.[4] Damon retirouse cedo do proxecto debido a incompatibilidade de axenda. En novembro, a Focus Features deu continuidade coa produción de Van Sant, mentres que o proxecto de Singer enfrontaba conflitos cos guionistas.[5] En decembro, os actores Josh Brolin, Emile Hirsch, Alison Pill e James Franco entraron oficialmente para o elenco de Gus e Milk comezou a ser filmado en San Francisco en xaneiro de 2008.
Galardóns [editar]
O filme foi indicado ao Oscar de 2009 em 8 categorias: Melhor filme, melhor diretor, melhor ator (Sean Penn), melhor ator coadjuvante (Josh Brolin), roteiro original, trilha sonora original, figurino e edição de imagem. Venceu a estatueta de melhor ator e de melhor roteiro original.
Premios Óscar [6] [editar]
| Ano | Categoría | Persoa | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2008 | Mellor película | Candidata | |
| 2008 | Mellor dirección | Gus Van Sant | Candidato |
| 2008 | Mellor actor | Sean Penn | Gañador |
| 2008 | Mellor actor de reparto | Josh Brolin | Candidato |
| 2008 | Mellor guión orixinal | Dustin Lance Black | Ganador |
| 2008 | Mellor banda sonora | Danny Elfman | Candidato |
| 2008 | Mellor deseño de vestiario | Danny Glicker | Candidato |
| 2008 | Mellor montaxe | Elliot Graham | Candidato |
Premios BAFTA [editar]
| Ano | Categoría | Persoa | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2009 | Mellor película | Candidata | |
| 2009 | Mellor actor | Sean Penn | Candidato |
| 2009 | Mellor guión orixinal | Dustin Lance Black | Gañador |
Globos de Ouro [editar]
| Ano | Categoría | Persoa | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2009 | Mellor actor - Drama | Sean Penn | Candidato |
Premios do Sindicato de Actores [editar]
| Ano | Categoría | Persoa | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2009 | Mellor reparto | Candidato | |
| 2009 | Mellor actor protagonista | Sean Penn | Gañador |
| 2009 | Mellor actor de reparto | Josh Brolin | Candidato |
Notas [editar]
- ↑ BARBOSA, Neusa (19 de febreiro de 2009). "Milk - A Voz da Igualdade" (en portugués). Cineweb. http://www.cineweb.com.br/filmes/filme.php?id_filme=2691. Consultado o 5 de febreiro de 2011.
- ↑ ELLER, Claudia (19 de abril de 1993). "Van Sant off of 'Castro St.'" (en inglés). Variety. http://www.variety.com/article/VR106013.html?categoryid=13&cs=1. Consultado o 5 de febreiro de 2011.
- ↑ HESSEL, Marcelo (1 de xullo de 2007). "Bryan Singer pode assumir outro filme antes de voltar a Superman" (en portugués). Omelete. http://www.omelete.com.br/cine/100006495/Bryan_Singer_pode_assumir_outro_filme_antes_de_voltar_a_Superman.aspx. Consultado o 26 de febreiro de 2011.
- ↑ HESSEL, Marcelo (11 de novembro de 2007). "Sean Penn gay e Matt Damon homofóbico em filme de Gus van Sant" (en portugués). Omelete. http://www.omelete.com.br/cine/100007913/Sean_Penn_gay_e_Matt_Damon_homofobico_em_filme_de_Gus_van_Sant_.aspx. Consultado o 5 de febreiro de 2011.
- ↑ GARRET, Diane (18 de novembro de 2007). "Van Sant's 'Milk' pours first" (en inglés). Variety. http://www.variety.com/article/VR1117976229.html?categoryid=13&cs=1. Consultado o 6 de marzo de 2011.
- ↑ "Oscar 2009" (en portugués). UOL Cinema. 22 de febreiro de 2009. http://cinema.uol.com.br/oscar/2009/vencedores/. Consultado o 5 de febreiro de 2011.