Mileva Marić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mileva Marić
Nome completoMileva Marić Ruzić
Nome de nacementoМилева Марић (serbio)
Nacemento19 de decembro de 1875
Lugar de nacementoTitel, Voivodina, Imperio Austrohúngaro (actual Serbia)
Falecemento4 de agosto de 1948 (72 anos)
Lugar de falecementoSuízaZúric, Suíza
SoterradaCemetery Nordheim
Nacionalidadealemá, suíza e austrohúngara
EtniaPobo serbio
Relixiónxudaísmo e Cristianismo ortodoxo
Alma máterUniversidade de Zúric, ETH Zürich e Universidade de Heidelberg
Ocupaciónmatemática, física
PaiMiloš Marić
NaiMarija Ružić
CónxuxeAlbert Einstein
FillosLieserl (1902-¿1903?)
Hans Albert (1904-1973)
Eduard (1910-1965)
IrmánsZorka Marić e Miloš Marić
Na rede
WikiTree: Marić-75 Find a Grave: 8336494 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Mileva Marić (Милева Марић), tamén chamada Mileva Marić-Einstein e Mileva Marić-Ajnštajn, nada en Titel o 19 de decembro de 1875 e finada en Zürich o 4 de agosto de 1948, foi unha matemática serbia, primeira muller de Albert Einstein. Ás veces suxírese que contribuíu no aspecto matemático nas teorías deste.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Titel, Voivodina, pertencente naquel momento ao Imperio Austrohúngaro (hoxe en Serbia), sendo a primeira filla do matrimonio de Milos Marić (1846-1922) e de Marija Ruzić-Marić (1847-1935)[1]. Pertencente a unha acomodada familia serbia, o seu pai rematou a súa carreira militar pouco despois do seu nacemento, conseguindo un traballo na capital do Condado de Sirmia, Ruma, onde viviu a familia entre 1877 e 1892[2]. Máis tarde, trasladáronse a Zagreb. A familia tivo outros dous fillos: Zorka (1883-1938) e Miloš (1885-?).

Foi discípula de Nikola Tesla e no 1896 foi a quinta muller que entrou no Instituto Federal Politécnico de Zúric.[3] Alí coñeceu a Einstein, con quen casou en 1903.[4]

Tras o casamento, Mileva sacrificou a súa profesión, axudando a Einstein nun período crucial dos descubrimentos científicos daquel. Tiveron unha filla, Lieserl, nada antes da voda, e dous fillos, Hans Albert, profesor de enxeñería hidráulica en Berkeley e outro, perturbado, do que coidou ata a morte.

No inverno entre 1897 e 1898, en Heidelberg (Alemaña), Mileva quedou cativada polo estudo sobre a relación entre a velocidade dunha molécula e a distancia atravesada entre colisións, escribindo sobre as súas ideas a Einstein. O tema é un elemento relevante no estudo einsteniano sobre o movemento browniano, polo que recibiría o Nobel. Einstein admiraba a independencia intelectual e ambicións de Mileva, da que dixo ser “unha criatura igual a min e tan independente coma min”. A participación que corresponde a Mileva no traballo que se lle asigna a Einstein é fortemente discutida con diversa documentación, onde ás veces Einstein fala de “os nosos traballos" e “a nosa teoría".[4]

A vida de Einstein e a de Mileva, como home e muller, e como científicos, foi desigual: Einstein deixou a Mileva por outra muller e ela pasou o resto da súa vida coidando do seu fillo.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. (Popovic 2003, p. XV)
  2. "Šta će biti s kućom Mileve Ajnštajn? (Cal será a casa de Mileva Maric?)". B92 (en serbio) (Belgrado). 10-6-2013. Consultado o 18-5-2017. 
  3. 3,0 3,1 "Mileva Maric, la sombra de Einstein". Consultado o 2021-04-27. 
  4. 4,0 4,1 Perdomo, Inma (2013-11-10). "Filosofía, ciencia y género : Mileva Maric. A la sombra del genio". Filosofía, ciencia y género. Consultado o 2021-04-27. 

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]