Ducado de Milán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Milanesado»)
Modelo:Xeografía políticaDucado de Milán
Ducatus Mediolanensis (la) Editar o valor em Wikidata

Nomeado en referencia aMilán Editar o valor em Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 45°28′00″N 9°10′00″L / 45.466669, 9.166669Coordenadas: 45°28′00″N 9°10′00″L / 45.466669, 9.166669
CapitalMilán Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua oficialLingua lombarda
lingua italiana Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
FundadorJoão Galeácio Visconti (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Creación11 de maio de 1395 Editar o valor em Wikidata
Disolución17 de outubro de 1797 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porprovince of Milan (en) Traducir e Golden Ambrosian Republic (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía Editar o valor em Wikidata
• Duke of Milan (en) Traducir Editar o valor em WikidataFrancesco Sforza (pt) Traducir (1450–1466)
Galeazzo Maria Sforza (pt) Traducir (1466–1476)
Gian Galeazzo Sforza (pt) Traducir (1476–1479)
Ludovico Sforza (pt) Traducir (1479–1500)
João Galeácio Visconti (pt) Traducir (1395–1402)
Giovanni Maria Visconti (1402–1412)
Filip Maria Visconti (pt) Traducir (1412–1447) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoMilan Senate (en) Traducir , Editar o valor em Wikidata
MoedaMilanese scudo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

O Ducado de Milán, tamén chamado Milanesado ou Estado de Milán, foi durante a Idade Media a principal potencia do norte de Italia.

O ducado foi creado en 1395 por Gian Galeazzo Visconti, señor de Milán. Cando a dinastía Visconti se extinguiu en 1447, Milán foi declarado unha República, a pesar das pretensións do duque de Orleáns, lexítimo herdeiro. Orleáns foi incapaz de tomar posesión da súa herdanza, pero a República durou pouco. O aventureiro Francesco Sforza, casado cunha filla do último Visconti, tomou Milán en 1450, autoproclamándose duque.

Dominio francés[editar | editar a fonte]

En 1498 o fillo do duque de Orleáns converteuse en rei de Francia como Lois XII e pretendeu facer efectivas as reclamacións do seu pai sobre Milán, invadíndoo e expulsando a Ludovico Sforza en 1499. Este dominio francés durou até 1513, cando forzas suízas repuxeron ao fillo de Ludovico, Massimiliano, no trono. En 1515 os franceses, baixo Francisco I de Francia, venceron na batalla de Marignano, capturando a Massimiliano e retomando o ducado. De novo foron expulsados en 1521; desta vez, as forzas austríacas coroaron ao irmán de Massimiliano, Francesco II Sforza.

Despois da decisiva derrota francesa na Batalla de Pavia (1525), que deixou a Carlos I de España como principal forza en Italia, Francesco uniuse á Liga de Cognac, xunto ás repúblicas de Venecia, Florencia, o papa Clemente VII e os franceses en contra de Carlos V. Isto levou á rápida expulsión de Francesco de Milán por forzas imperiais, aínda que mantivo algún control sobre outras cidades do ducado, e acabou recuperando Milán polo Tratado de Cambrai (1529).

Dominio español[editar | editar a fonte]

Cando Francesco morreu sen herdeiros en 1535, abriuse unha pugna entre Francisco I de Francia e o emperador Carlos V pola súa sucesión. Despois varias guerras, o emperador anexionou o ducado, investindo ao seu fillo Filipe como duque. Finalmente, o Tratado de Cateau-Cambrésis de 1559 recoñeceu a anexión do Milanesado por parte de España.

O ducado de Milán seguiu sendo español até a Guerra de Sucesión Española, no século XVIII. Despois da morte de Carlos II herdou as súas posesións Filipe de Anjou, ao que se opuxo o Arquiduque Carlos de Austria quen tamén tiña pretensións á coroa española.

Dominio imperial[editar | editar a fonte]

Italia setentrional en 1796

O 26 de setembro de 1706 as tropas austríacas tomaron Milán, que pasou a mans do Arquiduque de Austria. Esta situación de dominación austríaca confirmouse legalmente no Tratado de Utrecht. O ducado foi definitivamente ratificado como posesión dos Habsburgo polo Tratado de Baden de 1714.

Dominio napoleónico[editar | editar a fonte]

Así permaneceu até a súa conquista por parte de Napoleón Bonaparte, durante as Guerras napoleónicas, en 1796. O ducado foi cedido polo Tratado de Campoformio á nacente República Cisalpina.

Unificación italiana[editar | editar a fonte]

A restauración, despois do Congreso de Viena, significou o seu retorno a Austria, aínda que pronto foi obxectivo do nacionalismo italiano, sendo conquistado polo reino do Piemonte durante as guerras que levaron á unificación italiana.

Gobernantes do Ducado de Milán[editar | editar a fonte]

A seguinte é unha lista dos gobernantes de Milán desde o século XIII até 1859, cando Milán e o resto da Lombardía foron incorporados ao Reino de Piemonte-Sardeña.

Nome Mandato Notas
Señores de Milán, casas de della Torre (tamén coñecida como Torriani) e Visconti (11971395)
Pagano I della Torre 11971241
Pagano II della Torre 12471257
Manfredo Lancia 12531256
Martín della Torre 12571259
Oberto Pelavicino 12591264
Filipe della Torre 12631265
Napoleón della Torre 12651277
Otón Visconti, Arcebispo de Milán 12771294
Mateo I Visconti 12941302
Guido della Torre 13021311
Mateo I Visconti 13111322 (reposto)
Galeazzo I Visconti 13221327
Azzone Visconti 13291339
Luchino Visconti 13391349
Giovanni Visconti, Arcebispo de Milán 13491354
Mateo II Visconti 13491355
Galeazzo II Visconti 13491378
Bernabé Visconti 13491385
Gian Galeazzo Visconti 13781395
Duques de Milán, casa de Visconti (13951447)
Gian Galeazzo Visconti 13951402
Giovanni Maria Visconti 14021412 Fillo de Gian Galeazzo; asasinado
Filipe María Visconti 14121447 Irmán de Gian María
República Ambrosiana (14471450)
República Ambrosiana
Duques de Milán, casa de Sforza (14501499)
Francisco I Sforza 14501466 casado cunha filla de Filipe María
Galeazo María Sforza 14661476 Fillo de Francisco
Gian Galeazzo Sforza 14761494 Fillo de Galeazzo María
Ludovico Sforza 14941499 fillo de Francisco
Duques de Milán, alternancia das casas de Sforza e Valois - guerras hispano-francesas de Milán (14991540)
Lois XII de Francia 14991500 neto de Valentina, filla de Gian Galeazzo Visconti
Ludovico Sforza 1500 (reposto)
Lois XII de Francia 15001512 (reposto)
Maximiliano Sforza 15121515 fillo de Ludovico
Francisco I de Francia 15151525 bisneto de Valentina
Francisco II Sforza 15251535 fillo de Ludovico, irmán de Maximiliano
Duques de Milán, casas de Austria e de Borbón - goberno español (15401706)
Filipe II de España 15401598 Despois da morte de Francisco II, o emperador Carlos V reclamou o ducado para o seu fillo Filipe.
Filipe III de España 15981621 fillo de Filipe II
Filipe IV de España 16211665 fillo de Filipe III
Carlos II de España 16651700 fillo de Filipe IV
Filipe V de España 17001706 bisneto de Filipe IV
Duques de Milán, casa de Habsburgo - goberno austríaco (1706-1797)
Carlos VI 17061740 bisneto de Filipe III
María Tareixa I de Austria 17401780 filla de Carlos VI
Xosé II de Habsburgo 17801790 fillo de María Teresa
Leopoldo II de Austria 17901792 irmán de Xosé II
Francisco I de Austria 17921797 fillo de Leopoldo II
República Cisalpina (17971799)
República Cisalpina
Duques de Milán, casa de Habsburgo - goberno austríaco (1799-1800)
Francisco I de Austria 17991800 (reposto)
Comisión Imperial do conde de Mantua 1800
República Cisalpina restaurada (18001805)
Comisión Extraordinaria de Goberno 18001802
Napoleón Bonaparte 18021805 Presidente da República Cisalpina
Reis de Reino de Italia, casa Bonaparte - goberno francés (1805-1814)
Napoleón Bonaparte 18051814 previamente Presidente da República Cisalpina
Eugène de Beauharnais 18051814 Vicerri do Reino de Italia
Reis de Lombardía-Venecia, casa de Habsburgo - goberno austríaco (1814-1859)
Francisco I de Austria 18141835 previamente Duque de Milán
Príncipe Henrique XV Reuss zu Plauen 18141815 Vicerrei de Francisco I
Conde Federico Henrique von Bellegarde 18151816 Vicerrei de Francisco I
Arquiduque Antón Vítor de Austria 18161818 Vicerrei de Francisco I
Arquiduque Rainiero de Austria 18181835 Vicerrei de Francisco I
Fernando I de Austria 18351848 fillo de Francisco I
Arquiduque Rainiero de Austria 18351848 Vicerrei de Fernando I
Francisco Xosé I de Austria 18481859 primo de Fernando I
Conde Joseph Radetzky von Radetz 18481857 Vicerrei de Francisco Xosé
Arquiduque Maximiliano de Austria 18571859 Vicerrei de Francisco Xosé
Conde Ferencz Gyulai 1859 Vicerrei de Francisco Xosé
Baron Heinrich Hermann von Hess 1859 Vicerrei de Francisco Xosé

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cappelli, Adriano (1898): Cronologia Cronografia e Calendario Perpetuo. Milán: Hoepli. ISBN 88-203-2502-0
  • VV. AA. (1844): Milano e il suo territorio, Volume 1, Ed. Picola, páx. 85

Outros artigos[editar | editar a fonte]