Mikoyan-Gurevich MiG-3
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Mikoyan-Gurevich MiG-3 | |
|---|---|
| Maqueta a tamaño real dun MiG-3 | |
| Tipo | Caza |
| Fabricante | Mikoyan-Gurevich |
| Primeiro voo | 29 de outubro de 1940 |
| Construídos | 3.322 |
O Mikoyan-Gurevich MiG-3 foi un caza soviético da Segunda Guerra Mundial. Foi desenvolvido a partir do MiG-1, pero tivo moitas modificacións co obxectivo de mellorar o seu goberno. Realizou o seu primeiro voo o 29 de outubro de 1940 e entrou en servizo a mediados de 1941. Producíuse en gran cantidade durante o ano 1941 chegando ao número de 3.322 exemplares. Debido ao seu mal comportamento foron relegados a tarefas secundarias a partir de 1942.