Miklós Barabás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miklós Barabás, autorretrato (1839)

Miklós Barabás, nado o 10 de febreiro de 1810 en Mărcușa (Transilvania) e finado o 12 de febreiro de 1898 en Budapest, foi un pintor húngaro, o representante máis importante do estilo biedermeier en Hungría, coñecido en especial como retratista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado na Transilvania austrohúngara, estudou na escola protestante de Nagyenyed, continuando a partir de 1828 en Kolozsvár, alí aprendeu as técnicas da pintura, marchou a Viena por un tempo para perfeccionar os seus coñecementos, vivindo na pobreza intentou entrar na Academia de Belas Artes pero en 1830 estaba de volta en Kolozsvár. Grazas ao mecenado do xeneral Kisselev converteuse no retratista de moda en Bucarest, onde viviu entre 1831 e 1833. Logo decidiu realizar unha viaxe por Italia para continuar os seus estudos. En 1835 instalouse en Budapest e converteuse nun dos retratistas húngaros máis populares, ligado á vida cultural da cidade estableceu a Sociedade das Belas Arte en 1859, da que foi o seu presidente desde 1862 ata a súa morte. En 1867 foi elixido para o Parlamento de Hungría.

Galería[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]