Mikhail Baryshnikov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Barýshnikov e Patricia McBride nunha función en Bos Aires, 1979 (revista Pájaro de fuego).

Mikhail Nikolaevich Baryshnikov (en ruso Михаил Николаевич Барышников), nado o 28 de xaneiro de 1948 en Riga, é un bailarín, coreógrafo e actor naturalizado estadounidense de orixe rusa, considerado unha das grandes personalidades do balé do século XX.

Traxectoria[editar]

Nado en Riga de pais rusos durante a época soviética, estudou no Instituto Coreográfico do Estado, comezou a a súa actividade profesional no Balé Kirov de Leningrado, conseguindo destacar en breve tempo. En 1974 durante unha xira polo Canadá solicitou asilo político no país. En 1976 vai aos Estados Unidos, e logo de pasar por varias compañías, en 1978 uniuse ao New York City Ballet como bailarín principal para aprender o estilo de movemento de George Balanchine, en 1980 pasou a bailar co American Ballet Theatre, converténdose posteriormente no seu director artístico. Polo filme The Turning Point (1977) foi candidato ao Óscar ao mellor actor.