Mike Scully

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mike Scully en 2007.

Mike Scully, nado o 2 de outubro de 1956 en Springfield (Massachusetts), é un guionista e produtor de televisión estadounidense

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Scully medrou en West Springfield, despois de deixar os estudos realizou diversos traballos e en 1982 marchou a vivir aos Ánxeles, onde traballou como guionista para Yakov Smirnoff, realizando el mesmo espectáculos humorísticos como afeccionados en clubs. Traballou como guionista de varias comedias de situación comoThe Royal Family, Out of This World, Top of the Heap ou What a Country!. En 1993 comezou a traballar como guionista para The Simpsons, chegando a ser produtor executivo e show runner da serie de animación da Fox,de 1997 a 2001. Scully segue a traballar na serie e foi un dos guionistas de The Simpsons Movie (2007). Tamén foi un dos creadores de The Pitts (2003) e Complete Savages (2004-2005).