Mike Powell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cadro de medallas
Salto de lonxitude masculino
Xogos Olímpicos
Prata Seul 1988 Salto de lonxitude
Prata Barcelona 1992 Salto de lonxitude
Campionato do Mundo de Atletismo
Ouro Toquio 1991 Salto de lonxitude
Ouro Stuttgart 1993 Salto de lonxitude
Bronce Gotemburgo 1995 Salto de lonxitude

Mike Powell, nado 10 de novembro de 1963, en Filadelfia, é un ex-atleta estadounidense, recordista mundial no salto de lonxitude.

No ano de 1991 protagonizou unha proba lendaria contra Carl Lewis, que gañou e que na cal bateu o récord mundial, atinxindo a marca de 8.95 metros no salto de lonxitude, superando a marca do atleta Bob Beamon, de 8.90 metros, que vigoraba no momento.

Tamén posúe o salto máis longo realizado na Historia, 8,99 m, que non é récord mundial por ter sido obtido con vento por riba de 2,0m/s (no caso, a marca foi obtida con vento de +4.4). O feito foi realizado en Sestriere, Italia, en 1992.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]