Mike Farrell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mike Farrel en 2007 durante un acto de protesta contra a Guerra de Iraq

Michael Joseph "Mike" Farrell, nado o 6 de febreiro de 1939 en Saint Paul, é un actor, produtor e activista estadounidense.

Índice

Traxectoria [editar]

Como actor Farrell é coñecido como o capitán B.J. Hunnicutt da serie de televisión M*A*S*H (1975–83), foi produtor de Patch Adams (1998) protagonizado por Robin Williams, actuou na serie Providence (1999–2002) e apareceu en tres episodios de Desperate Housewives (2007–2008) e nun episodio de Law & Order: Special Victims Unit (2008).

Activismo [editar]

Como activista colaborou con Human Rights Watch, foi un dos dirixentes da organización antiseitas Cult Awareness Network durante a súa primeira, é presidente de Death Penalty Focus[1], que se opón á pena de morte. Tamén activo no sindicalismo, foi vicepresidente primeiro da sección dos Ánxeles do Screen Actors Guild.

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Web oficial (en inglés)