Mijas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rúa Cristobal Alarcón, en Mijas Pueblo

Mijas é un municipio andaluz da provincia de Málaga (España). Está situado na Costa do Sol, a 30 km ao suroeste da capital provincial, e integrado na comarca da Costa do Sol Occidental[1] e a mancomunidade de municipios do mesmo nome.[2]

No ano 2008 contaba con 70.473 habitantes,[3] o que o converte no cuarto municipio da provincia en canto a poboación. Esta concéntrase en tres núcleos urbanos principais: Mijas Pueblo, situado na ladeira da Sierra de Mijas, constitúe o centro histórico do municipio; Las Lagunas, situado na zona chamada Mijas Costa, forma parte do continuo urbano da cidade de Fuengirola; e La Cala, localidade costeira. A superficie do termo municipal é de 148 km² e esténdese desde as serras litorais da Penibética ata o mar Mediterráneo.

Habitado desde a Antigüidade, Mijas foi un pequeno pobo dedicado principalmente á agricultura e a pesca ata a explosión do boom turístico nos anos 50 do pasado século. Desde entón, a actividade turística e o sector da construción foron os motores da economía local, disparando á mesma vez a poboación e a renda per cápita, aínda que a un alto custo ambiental. Na actualidade é un municipio multicultural cunha alta porcentaxe de residentes de orixe estranxeira e un dos principais centros do turismo residencial de Andalucía.

Mijas é coñecido internacionalmente polos seus Burrotaxis.

Conexión con Galicia[editar | editar a fonte]

En Mijas viviu Dolores Vázquez, unha muller de Betanzos que foi erroneamente condenada, de cometer un asasinato que tivo un grande eco mediático en España.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Deputación de Málaga - Comarcas
  2. www.mancomunidad.org
  3. INE 2008

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Mijas