Miguel V

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miguel V co Arcanxo Miguel.

Miguel V Calafates (1015 - 24 de agosto de 1042) (en grego Μιχαήλ Καλαφάτης, que significa "o calafate"), foi o sobriño e sucesor como emperador bizantino de Miguel IV e fillo adoptivo da súa esposa Zoe. O seu sobrenome indica o oficio orixinal do seu pai.

Debeu o seu ascenso ao trono o 10 de decembro de 1041 ao seu tío Xoán, ao que case inmediatamente recluíu nun mosteiro. Na noite do 18 ao 19 de abril de 1042 tamén fixo deportar a Zoe, a súa nai adoptiva, coa que compartía o poder, converténdose no único emperador. O anuncio de tal feito na mañá do día 19 deu lugar a unha revolta popular. Foi destronado tras un curto reinado de catro meses, cegado e recluído nun mosteiro. Morreu o 24 de agosto de 1042. A súa impopularidade parece ser debida en gran parte ás súas reformas administrativas, que sufriron a forte oposición das clases dominantes, mentres que as clases baixas o consideraban un usurpador.


Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Miguel Psellos o Xove, Cronografía (ed. esp.: Miguel Pselo, Vidas de los emperadores de Bizancio, Madrid: Ed. Gredos, 2005).


Imperio Bizantino

Segue a:
Miguel IV
Miguel V
Precede a:
Zoe
Dinastía Macedonia