Miguel Suárez Abel
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miguel Suárez Abel, nado en Campo (Arzúa) en 1952, é un escritor galego.
Índice |
[editar] Traxectoria
Licenciado en Psicoloxía, exerce como profesor no IES Luís Seoane de Pontevedra. Colaborador de radio e prensa.
Deuse a coñecer ao ser premiado no Certame Modesto R. Figueiredo cos relatos A alemá en 1981, O fillo de Serafín en 1982, O quiquiriquí en 1983. A súa primeira novela Turbo (1986) gañou o Premio Blanco Amor. Álvaro Pino é unha novela-reportaxe publicada en 1989 e Sabor a ti (1991) foi finalista do premio Xerais. O repenique de Beatriz Goldar gañou o Premio de Novela por entregas de La Voz de Galicia en 2002.
[editar] Obra
[editar] Novela
- Turbo, 1986, Xerais.
- Sabor a ti, 1991, Xerais.
- Selva Negra, 1993.
- O repenique de Beatriz Goldar, 2003.
- Nunca te vin chorar, 2010.
[editar] Ensaio
- Álvaro Pino, 1989, Xerais.