Miguel Sanmartín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Miguel Sanmartín Losada")

Miguel Sanmartín Losada é un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1954). Dende 1960 exerce como avogado. Foi deputado provincial polo terzo de Entidades (1971-1979) e representante da Deputación de Pontevedra na Xunta de Galicia (1978) na que desempeñou a Consellería de Interior. Foi deputado pola provincia de Pontevedra por UCD na I lexislatura (1979-1982). En 1979 foi designado representante dos Parlamentarios da provincia de Pontevedra na Segunda Xunta de Galicia, na que foi Conselleiro de Administración Local. Foi designado coordinador do Grupo de Parlamentarios de UCD na Asemblea de Parlamentarios Galegos para a redacción do Proxecto de Estatuto de Galicia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]