Miguel Nández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miguel Nández
Nome completoMiguel Ángel Fernández Enríquez
AlcumeMiguel Nández
Nacemento7 de novembro de 1978
Lugar de nacementoCádiz
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncantante
Na rede
http://www.miguelnandez.com/
IMDB: nm1377226 Facebook: Miguel-Nández-34143853685 Genius: Miguel-nandez Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Miguel Ángel Fernández Enríquez,coñecido como Miguel Nández, nado en Cádiz o 7 de novembro de 1978, é un cantante andaluz que saltou á fama tras a súa participación na segunda edición de Operación Triunfo.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Miguel Nández preparou os temas do que sería o seu primeiro disco durante os meses de abril, maio e xuño. O 30 de xuño de 2003 publícase Miguel Nández, o primeiro disco homónimo do cantante editado por BMG.[1] Os singles promocionais do disco foron "Maldita mi suerte", "Tu nombre en cualquier bar" e "Yo que perdí". Finalmente o álbum alcanzou o disco de ouro. Un ano máis tarde, o 28 de xuño de 2004, lanza o seu segundo traballo discográfico, Esquivando al miedo.[2] Con este traballo Miguel Nández continúa desenvolvendo a súa vea de cantautor, compondo todos os temas do disco. «Un desastre» foi o sinxelo que presentou este disco. Seguíronlle «Esquivando al miedo» e «Líbrame».

En 2006 firma coa discográfica Dro.[3] Máis tarde, o 20 de agosto lanza Palabras.[4] onde, unha vez máis, é o compositor de tódolos temas do disco, excepto de "Fue en la oscuridad", de Antonio Orozco. "Sé de palabras" foi o primeiro single deste disco. "El banco", o segundo. En abril de 2008 lanza o seu cuarto traballo Por Ella.[5] Un disco a modo de homenaxe á muller onde interpreta títulos coñecidos por ser cantados por artistas femeninas como Rocío Jurado, Pastora Soler, Shakira, Luz Casal, Laura Pausini ou Mónica Naranjo. O primeiro single foi "Se nos rompió el amor" de Rocío Jurado. Ademais, o CD inclúe un tema composto polo propio Miguel con título homónimo ó do disco.

Discografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. LOS40 (2003-11-18). "Miguel Nández, en vivo esta noche en la madrileña sala La Riviera". LOS40 (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2022. Consultado o 2022-04-21. 
  2. LOS40 (2004-06-16). "'Esquivando al miedo', el segundo disco de Miguel Nández". LOS40 (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2022. Consultado o 2022-04-21. 
  3. LOS40 (2006-05-21). "Miguel Nández ficha por Dro para editar su tercer disco". LOS40 (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2022. Consultado o 2022-04-21. 
  4. LOS40 (2006-07-25). "'Palabras', título del nuevo disco de Miguel Nández". LOS40 (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2022. Consultado o 2022-04-21. 
  5. Miguel Nández lanza un disco dedicado íntegramente á muller