Miguel Illescas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miguel Illescas
Miguel Illescas
Miguel Illescas no 2013
Nacemento: 3 de decembro de 1965
Barcelona Cataluña Cataluña
Nacionalidade: Española España
Ocupación: Xogador de xadrez

Miquel Illescas Córdoba, nado en Barcelona o 3 de decembro de 1965, é un xadrecista catalán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi o predecesor de Aleksei Xírov no máximo posto clasificatorio español. Descendeu entón do seu posto na competición, onde chegou a estar entre os trinta mellores do mundo. Coa súa dobre condición de Grande Mestre e experto en informática contribuíu coma asesor con IBM para que o ordenador Deep Blue derrotase a Gary Kasparov.