Miguel IX Paleólogo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miguel IX Paleólogo

Miguel (IX) Paleólogo, nado o 17 de abril de 1277 e finado o 12 de outubro de 1320, foi fillo do emperador bizantino Andrónico II e de Ana de Hungría, e pai do emperador Andrónico III Paleólogo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Casou coa princesa Rita de Armenia en 1296, filla do rei León III de Armenia e da raíña Keran.

En ocasións considérano emperador bizantino, e así aparece nas listas de emperadores, pero morreu antes có seu pai, con quen era coemperador.


Imperio Bizantino

Segue a:
Miguel VIII Paleólogo
Miguel IX Paleólogo
Precede a:
Andrónico III Paleólogo
Dinastía Paleólogo