Miguel Colmeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Miguel Colmeiro Penido»)
Infotaula de personaMiguel Colmeiro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Miguel Colmeiro y Penido Editar o valor em Wikidata
22 de outubro de 1816 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de xuño de 1901 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Presidente Real Sociedade Española de Historia Natural
1871 – 1872
Reitor Universidade Complutense de Madrid
Decano Universidade Central
Catedrático de universidade
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Central Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica
Ocupaciónbotánico , profesor universitario , médico , profesor titular Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Sevilla
Universidade Central Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaColmeiro Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsManuel Colmeiro Penido Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 4498
Notes
Abreviatura de botánico: Colmeiro

Miguel Colmeiro Penido, nado en Santiago de Compostela o 22 de outubro de 1816 e finado en Madrid o 21 de xuño de 1901, foi un botánico galego [1], irmán do xurisconsulto Manuel Colmeiro Penido.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutorouse en Medicina na Universidade de Madrid en 1842. Comezou o seu labor profesional no Xardín Botánico cando tomou posesión da cátedra de Botánica e Agricultura no Instituto Balmes da Xunta de Comercio de Barcelona en 1842, onde permaneceu ata 1847. Logo foi profesor de Historia Natural da Universidade de Sevilla desde 1847 ata 1857, onde organizou o Xardín Botánico e introduciu novas especies. Durante a súa estadía en Sevilla colaborou con Esteban Boutelou na elaboración dunha memoria sobre o xénero Quercus.

Posteriormente, e logo dunha etapa de agreas acusacións e enfrontamentos con Mariano de la Paz Graells, director do Museo de Ciencias Naturais de Madrid, Colmeiro foi nomeado Director do Real Xardín Botánico de Madrid, cargo que ostentou desde 1857 a 1900, aumentando fundamentalmente a colección de plantas e reestruturando o parque zoolóxico

Xa na Universidade Central de Madrid, exerceu a docencia nas cátedras de Organografía e Fisioloxía Vexetal e de Fitografía e Xeografía Botánica. Foi decano da Facultade de Ciencias e Reitor da Universidade Central.

Nomeado en 1859 membro da Real Academia das Ciencias Exactas, Físicas e Naturais, foi socio fundador e primeiro presidente da Real Sociedade Española de Historia Natural (1871-1872).

Morreu en Madrid en 1901.

Honras[editar | editar a fonte]

Epónimo[editar | editar a fonte]

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Colmeiro emprégase para indicar a Miguel Colmeiro Penido como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.[7]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Exámen de las encinas y demás árboles de la Península que producen bellotas, con la designación de los que se llaman mestos, 1854 (con Esteban Boutelou).
  • La botánica y los botánicos de la península hispano-lusitana: Estudios bibliográficos y biográficos, 1858.
  • Enumeración y revisión de las plantas de la Península Hispano-Lusitana é islas Baleares, 1886-89.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha no Centro Virtual Cervantes (en castelán)
  2. Bol. Soc. Iber. xxviii. 77, hybr. 1929 (IK)
  3. Hieracioth. Hisp. 19: non. 291-292. 1908
  4. Linnaea 30: 93 1859-61 (IK)
  5. Bull. Soc. Dendrol. France, 60 1935 (IK)
  6. Anais Xard. Bot. Madrid 45(2): 558. 1989 (IK)
  7. Ficha no IPNI

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]