Miguel Anxo Fernández
Miguel Anxo Fernández Fernández, nado no Carballiño o 20 de setembro de 1955, é un escritor, ensaísta e investigador cinematográfico galego.
Índice |
[editar] Traxectoria
Miguel Anxo Fernández é licenciado en xeografía e historia, na rama historia da arte, arte, Xeografía e Historia de Galicia. Diploma de Estudos Avanzados en Historia da Arte e da Música, Comunicación e Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, onde prepara a súa tese de doutoramento sobre Carlos Velo.
Actualmente é profesor de Comunicación Audiovisual na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo.
Ademais de dedicarse á docencia é autor de numerosas obras de historia do cine galego e de obras de ficción, así como ensaios e colaboracións en numerosas publicacións, exercendo de crítico de cine e televisión diariamente en La Voz de Galicia. Director da revista Audiovisual Galego. Colaborador do programa Planeta Cine da TVG e do espazo Diario cultural da Radio Galega.
É membro da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega e do do Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores da Consellería de Educación. Coordinador do programa Audiovisual nas Aulas para o Consorcio Audiovisual de Galicia e a Consellería de Educación.
Director do curso de verán que anualmente promoven a Fundación Carlos Casares e a Universidade de Vigo desde 2005.
Pertence á Academia de las Ciencias y las Artes de Televisión, á Academia Audiovisual Galega, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, ó Padroado do Museo do Pobo Galego e ó PEN Clube de Galicia.
[editar] Historial profesional
- Presidente do Cineclube Carballiño (1978-1997).
- Director das Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia, Xociviga (1984-1996).
- Promotor e presidente da Federación de Cineclubes de Galicia (1985-1990).
- Vicepresidente da Academia Galega do Audiovisual (2002-2006).
- Presentador e director dos programas Galicia no cine e Versión orixinal na TVG (1986-1987).
- Asesor cinematográfico da CRTVG (1985-1987).
- Comisario da mostra única "Cinegalicia" (Vigo, 1989), na que se presentaron as tres primeiras longametraxes galegas de fición: Sempre Xonxa (Chano Piñeiro), Continental (Xavier Villaverde) e Urxa (Alfredo G. Pinal e Carlos A. L. Piñeiro).
- Ten colaborado sobre temas da súa especialidade en revistas galegas como Tintimán, Dorna, Luzes de Galiza, Grial ou Tempos Novos, e na portuguesa Cinema. Colaborou tamén na enciclopedia Historia Universal del Cine (Planeta, 1982). Tamén colaborou no Diario Cultural da Radio Galega.
- Asesor cinematográfico da Enciclopedia Galega Universal (Ir Indo, 2001).
- Crítico de cine e televisión en Diario 16 (1998-2001).
[editar] Premios e galardóns
- Finalista no Premio Galicia de Xornalismo de 1985 na modalidade de Cultura.
- Premio Populares'91 a XOCIVIGA en Artes de Creación e Representación. COPE-Radio Popular. 1991.
- Primeiro Premio ex-aequo no Certame "Historia da Galicia Cinematográfica" de 1993, promovido pola Federación de Cineclubes de Galicia pola investigación Crónica de Cine. O Carballiño. 1900-1990". 1993.
- Premio "Sempre en Galiza" de Ensaio polo libro As imaxes de Carlos Velo promovido polo Concello de Pontevedra. 2001.
- Premio Honorífico "Fernando Rey" na V Edición dos Premios AGAPI 2001 promovido pola Asociación Galega de Produtoras Independentes. 2001.
- Premio "Chano piñeiro" de Historia da Galicia Cinematográfica polo libro A Bella Otero, pioneira do cine promovido pola Federación de Cineclubes de Galicia. 2002.
- Premio Manuel García Barros en 2003 pola novela Un nicho para Marilyn promovido polo Concello da Estrada/Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
- Insignia de Ouro das Xornadas de Cine e Video en Galicia, Xociviga. 2009.
[editar] Listaxe de obras
[editar] Ensaio e Historia
- 15 anos do Cineclube Carballiño. Entregas de Comunicación Cultural. Nº 7. Consellería de Educazón e Cultura/Xociviga. Santiago, 1984.
- O Carballiño. Vellas Historias, Vellas Fotografías. 1870-1970. Xociviga. O Carballiño, 1992.
- O Carballiño. Crónica de cine. 1900-1994. Centro Galego de Artes da Imaxe, CGAI. A Coruña, 1994.
- Carlos Velo. Cine e exilio. A Nosa Terra. Vigo, 1996.
- Carlos Velo, mestre do documental. Centro Galego de Artes da Imaxe, CGAI. A Coruña, 2001.
- As imaxes de Carlos Velo. A Nosa Terra/Concello de Pontevedra. Vigo, 2002.
- A Bela Otero, pioneira do cine. CGAI/Galaxia. Vigo, 2003.
- Emilio Baños Santos, unha vida entre películas. Centro Galego de Artes da Imaxe, CGAI. A Coruña, 2004.
- Rodado en Galicia. Consorcio Audiovisual de Galicia. Santiago, 2005. (Reed. 2008).
- Las imágenes de Carlos Velo. Universidad Nacional Autónoma de México, UNAM. México, 2007.
- Os amigos de Chano Piñeiro (Cood.). II Premios Chano Piñeiro. Xunta de Galicia. Santiago, 2007.
- 25 anos de Mamasunción (Cood.). III Premios Chano Piñeiro. Xunta de Galicia. Santiago, 2008.
[editar] Ficción
- O sabre do francés. Galaxia, Vigo, 2002.
- Capitol, última sesión. Galaxia. Vigo, 2004.
- O sangue dos Cortiña. A Nosa Terra. Vigo, 2004.
[editar] Saga de Frank Soutelo
- Un nicho para Marilyn. Galaxia. Vigo, 2002.
- Luar no inferno. Galaxia. Vigo, 2006.
- Tres disparos e dous friames. Galaxia. Vigo, 2008.
- Lume de cobiza. Galaxia. Vigo, 2011.
[editar] Obras colectivas
- Diccionario do Cine en Galicia. 1896-2008 (Cood. con José Luis Cabo). Xunta de Galicia, Centro Galego de Artes da Imaxe, CGAI, 2008.
- O Carballiño 1869-1979: álbum fotográfico da vila do Arenteiro, 2010, Deputación de Ourense.