Miguel Veloso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miguel Veloso
Información persoal
Nome Miguel Luís Pinto Veloso
Nacemento 11 de maio de 1986 (37 anos)
Lugar de nacemento Coímbra
Altura 1,80 m.
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
Sport Lisboa
SL Benfica
Sporting Clube de Portugal
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2005-2010 Sporting Clube de Portugal 98 (4)
2005-2006CD Olivais e Moscavide Cedido 28 (7)
2010–2012 Genoa CFC 49 (2)
2012– FC Dynamo Kyiv 56 (4)
Selección nacional
2007- Selección de fútbol de Portugal 52 (2)
Na rede
FIFA: 200201 UEFA: 70090 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Miguel Luís Pinto Veloso, nado en Coímbra o 11 de maio de 1986, é un futbolista portugués. Xoga de centrocampista e na actualidade[cando?] xoga polo FK Dynamo Kyiv.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse nas catgorías inferiores Sport Lisboa e SL Benfica, pero tiña problemas de peso o cal foi motivo de abandono. Despois do Sport Lisboa e Benfica ingresou no CAC onde xogou un ano para despois pasar ao Sporting Clube de Portugal. O club sportinguista cedeuno ao CD Olivais e Moscavide na tempada 2005/06, onde axudou ó club a subir á Liga de Honra. O seu debut foi o 9 de setembro de 2006 contra o Nacional de Madeira

O seu primeiro contrato profesional comezou na tempada 2005/06 e rematou en xaneiro de 2007, renovando por outros 6 anos. Asumiu unha posición de relevancia despois dunha excelente exhibición na vitoria 1-0 do Sporting sobre o Inter de Milán de Luís Figo na Liga de Campións.

O día 30 de xullo de 2010, o Sporting confirmou o traspaso de Miguel Veloso ao Genoa CFC, por un total de 9 millóns de euros e o traspaso de Alberto Zapater.

O 4 de xullo de 2012, o FC Dynamo Kyiv conseguiu a súa contratación, por un prezo en torno aos sete millós de euros, cun contrato de duración de catro tempadas.

Selección portuguesa de fútbol[editar | editar a fonte]

Miguel Veloso participou no Campionato da Europa de sub-21 en 2007 nos Países Baixos anotando 2 goles, o que non evitou a eliminación da selección portuguesa na fase de grupos.

O 14 de agosto de 2007, Miguel Veloso foi chamado por primeira vez pola Selección absoluta, dirixida por Luiz Felipe Scolari para xogar un encontro contra Armenia.

Miguel Veloso foi un dos 23 convocados por Luiz Felipe Scolari para a Eurocopa de Fútbol 2008.

Marcou o seu primeiro gol coa Selección contra Malta o 14 de outubro de 2009.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Club[editar | editar a fonte]

Olivais e Moscavide
  • Segunda División Portuguesa: 2005–06
Sporting
  • Taça de Portugal: 2006–07, 2007-08
  • Supertaça Cândido de Oliveira: 2007, 2008
Dínamo de Kíiv
  • Copa de Ucraína: 2013-14

Selección[editar | editar a fonte]

  • Campionato Europeo Sub-17: 2003

Individual[editar | editar a fonte]

  • Xogador revelación do campionato: 2006-07

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]