MightySat-1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
MightySat-1
MightySat-1 no espazo.
TipoDemostrador tecnolóxico.
OrganizaciónForza Aérea dos Estados Unidos[1]
Data de lanzamento15 de decembro de 1998[2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial Endeavour[1][3]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][5]
Obxectivo da misiónDemostrador tecnolóxico.[3][5]
Decaemento21 de novembro de 1999[2]
NSSDC ID1998-069C
Masa320 kg[1][3][5]

MightySat-1 foi un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos usado para facer diversos experimentos no espazo. Foi lanzado o 15 de decembro de 1998 desde o transbordador espacial Endeavour na misión STS-88.[1][3]

Características[editar | editar a fonte]

MightySat-1 foi un satélite adicado á experimentación no espazo que foi exectado desde o transbordador Endeavour o 15 de decembro de 1998, no duodécimo día de voo da misión STS-88, a unha órbita de 380 km de perixeo e 394 km de apoxeo, cunha inclinación orbital de 51,7 graos e un período orbital de 92,3 minutos. O seu obxectivo principal foi realizar diversos experimentos de demostración de novas tecnoloxías.[1][3][4]

O satélite usou o bus do satélite da NASA XSAT, cancelado no seu momento. Non era recuperable e reentrou na atmosfera o 21 de novembro de 1999.[2]

Experimentos[editar | editar a fonte]

MightySat-1 levaba cinco experimentos a bordo:[1][3][5]

  • Advanced Composite Structure (Estrutura de Composición Avanzada): forma a estrutura do satélite. Os datos relativos a este experimento tomáronse en probas en terra.
  • Advanced Solar Cell Experiment (Experimento de Células Solares Avanzadas): estudou o rendemento das células solares de dobre unión compostas por unha capa de fosfuro de indio e galio sobre unha capa de arseniuro de galio, que proporcionan máis enerxía que as de simplemente arseniuro de galio.
  • Microsystem and Packaging for Low Power Electronics (MAPLE) (Microsistemas e Empaquetamento para Electrónica de Baixa Potencia): demostrou técnicas de empaquetamento de electrónica e microelectrónica avanzada.
  • Shape-Memory Actuated Release Device (SMARD) (Dispositivo de Liberación Accionado por Memoria de Forma): foi un experimento para demostrar unha nova clase de dispositivos de liberación, usados para separar satélites dos adaptadores dos foguetes que os lanzan ou para despregar paneis solares ou antenas, de baixo impacto.
  • Micro-Particle Impact Detector (MPID) (Detector de Impactos de Micropartículas): para detectar impactos de partículas tanto de orixe artificial como natural.

A súa misión foi continuada por MightySat-2.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Mightysat 1 (P97-2)" (en inglés). Consultado o 10 de febreiro de 2015. 
  2. 2,0 2,1 2,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "MIGHTYSAT 1" (en inglés). Consultado o 10 de febreiro de 2015. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (26 de agosto de 2014). "Mightysat 1" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2015. Consultado o 10 de febreiro de 2015. 
  4. 4,0 4,1 "Note verbale dated 17 June 1999 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (99-86422). 21 de xullo de 1999: 2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de febreiro de 2015. Consultado o 10 de febreiro de 2015. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Mark Wade (2011). "MightySat 1" (en inglés). Consultado o 10 de febreiro de 2015. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]