Mieczysław Karłowicz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mieczysław Karłowicz
Nacemento11 de decembro de 1876
 Vishnyeva, Imperio Ruso
Falecemento8 de febreiro de 1909 (32 anos)
 En montaña preto de Zakopane, Imperio Austrohúngaro
SoterradoCemitério de Powązki
NacionalidadePolonia e Imperio Ruso
Educado enUniversidade de Varsovia e Chopin University of Music
PaiJan Aleksander Karłowicz
NaiIrena Sulistrowska
Na rede
IMDB: nm0439547 Spotify: 1LcHglsYAuDXNlNlxHWpmJ Musicbrainz: bc9dceeb-47cf-436d-b557-b2220820e175 Discogs: 1331369 IMSLP: Category:Karłowicz,_Mieczysław Allmusic: mn0002182442 WikiTree: Karłowicz-1 Find a Grave: 65931575 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Mieczysław Karłowicz, nado o 11 de decembro de 1876 en Vishnyeva (actual Belarús) e finado o 8 de febreiro de 1909 preto de Zakopane (actual Polonia), foi un compositor e director de orquestra polonés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Mieczysław Karłowicz naceu en Vishneva (daquela pertencente ao Imperio ruso e actualmente en Belarús) nunha familia nobre do Clan de Ostoja. Seu pai Jan era un etnógrafo, lingüista e músico afeccionado, coautor do gran Dicionario da lingua polonesa. Súa nai, Irena Sulistrowska, pertencía á aristocracia.

Karłowicz pasou a maior parte da súa infancia na casa que a súa familia posuía en Wiszniewo (Lituania). Despois de vender a propiedade familiar en 1882, a familia instalouse inicialmente en Heidelberg e posteriormente en Praga (1885), en Dresde (1886) e, finalmente, en Varsovia en 1887, onde os salóns da familia foron frecuentados por toda a elite da capital. Mentres que en Heidelberg e Dresde, Karłowicz asistiu a escolas de educación xeral, en Varsovia asistiu a clase na Escola Real Wojciech Górski.

Estudos[editar | editar a fonte]

Aos sete anos Karłowicz estidou violín en Dresde (instrumento para o que posteriormente escribiría o seu único concerto), antes de marchar a Varsovia e estudar composición cos profesores Zygmunt Noskowski, Stanisław Barcewicz, Piotr Maszyński e Gustaw Roguski, e posteriormente, a partir de 1895, a Berlín co célebre pedagogo Heinrich Urban, que fora o mestre de Paderewski, Landowsda e Hofman, e a quen adicaría a súa Serenata para cordas, que compuxo e estreou cando aínda era alumno seu. Foi nesta época de formación en Polonia e Alemaña cando realizou as súas primeiras composicións. O 21 de marzo de 1903 dirixiu a Berliner Philharmoniker en Berlín durante a estrea do seu Concerto para violín, adicado ao seu antigo profesor Stanisław Barcewicz.[1] En 1904 publicou os Souvenirs inédits de Frédéric Chopin.

Entre 1906 e 1907 estudou dirección orquestral con Arthur Nikisch, quen daquela era director principal da Berliner Philharmoniker. Tamén estodou ciencias na Universidade de Varsovia e filosofía na Universidade de Berlín. Publicista e activista musical, foi un dos fundadores da Sociedade Musical de Varsovia. Tamén foi un apaixonado do alpinismo (que practicaba nos montes Tatras), o esquí e a fotografía. Karłowicz pasou boa parte dos seus últimos anos en Zakopane, ao sur de Polonia, decotío desfrutando dunha das súas afeccións favoritas, a fotografía, nas paisaxes de montaña dos seus arredores.

Xunto cos tamén compositores poloneses Karol Szymanowski, Ludomir Różycki, Grzegorz Fitelberg e Apolinary Szeluto, foi membro da chamada Młoda Polska (Polonia Nova), unha corrente artística que tiña por obxectivo promover a "arte pola arte" e o imaxinario.

Morte[editar | editar a fonte]

A Pedra de Karłowicz nos montes Tatras marca o lugar onde foi atopado o corpo do compositor.[2]

Karłowicz morreu aos 32 anos de idade nunha avalancha mentres estaba a esquiar durante unha excursión aos montes Tatras en 1909. Foi enterrado no Cemiterio Powązki de Varsovia e no lugar onde foi atopado o seu corpo colocouse unha pedra cunha inscrición no seu honor. A esvástica gravada nesta pedra, un dos símbolos máis antigos da humanidade, unión da Roda e a Cruz, representa o principio e a enerxía supremos, o vórtice creacional, a harmonía universal e o ser infinito, evocando o que Karłowicz tratou de expresar coa súa música especialmente nas súas Cancións eternas.

Obra[editar | editar a fonte]

A música de Karłowicz é de carácter romántico tardío. Foi un grande admirador de Piotr Ilich Tchaikovski, cuxa Sinfonía Nº 6 alabou. A influencia do compositor ruso pode apreciarse nas primeiras obras de Karłowicz, especialmente na súa Sinfonía en Mi menor e no Concerto para violín. Como moitos dos compositores románticos tardíos viuse influenciado pola música de Richard Wagner, especialmente por Tristan und Isolde. Aínda así, Karłowicz conseguiu desenvolver unha linguaxe musical orixinal expresada na harmonía e a orquestración, escribindo algunhas das músicas con maior colorido orquestral compostas ata a data. A música de Karłowicz constitúe un dos cumios do posromanticismo. Pola súa procura da esencia metafísica e espiritual, a súa música aproxímase á de Scriabin, Mahler, Schönberg e Sibelius.

A súa música habita nun lugar principal da historia da música polonesa entre Frédéric Chopin e Karol Szymanowski. Entre as súas obras destacan a Sinfonía en Mi menor (Renacemento, Op. 7), un Concerto para violín en La Maior (Op. 8), e varios poemas sinfónicos, que inclúen as Cancións eternas, Stanisław i Anna Oświecimowie, As ondas que regresan e A Pomba Branca.

Karłowicz escribiu tamén un gran número de cancións para voz e piano sobre textos de Kazimierz Przerwa-Tetmajer, Adam Asnyk, entre outros. A maior parte das súas pequenas composicións perdeuse durante a segunda guerra mundial.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Culture.pl". Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2013. Consultado o 06 de febreiro de 2014. 
  2. A esvástica visible no memorial é un signo da arte popular da rexión de Podhale e un dos símbolos máis antigos da humanidade que representa o vórtice creacional ou a doda de lei que xira ao redor dun eixo inmobil, centro inmutable, forza motriz do universo e símbolo protoeslavo do lume eterno, inextinguible, sen ningunha relación co símbolo nazi.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Anders, Henryk (1998). ABOS, ed. Mieczysław Karłowicz. Życie i dokonania. Poznań. 
  • Dziębowska, Elżbieta (1970). PWM, ed. Z życia i twórczości Mieczysława Karłowicza. Cracovia. 
  • Jezewski, Christophe (maio de 2009). "Le Retour d'un génie. Pour le centenaire de Mieczysław Karłowicz". Europe (961). 
  • Polony, Leszek (1986). PWM, ed. Poetyka muzyczna Mieczysława Karłowicza. Cracovia. 
  • Sala, Luca (2010). Ut Orpheus Edizioni, ed. European Fin-de-siècle and Polish Modernism. The Music of Mieczysław Karłowicz. Boloña. 
  • Wightman, Alistair (1996). Ashgate, ed. Karłowicz, Young Poland and the Musical Fin-de-siècle. Aldershot. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]