Midleton RFC
| Nome completo | Midleton Rugby Football Club | ||
| Alcume(s) | Tana | ||
| Fundación | 1927 | ||
| Localización | Midleton, Éire | ||
| Estadio(s) | Towns Park, Midleton | ||
| Capacidade | ~400 | ||
| Presidente | Paul McCarthy | ||
| Adestrador | James Colbert | ||
| Capitán | |||
| Máx. Anotador | |||
| Máis ensaios | |||
| Liga | AIB League Division 2 | ||
| Tempada | |||
| Posición | |||
| [web oficial Páxina web oficial] | |||
|
|||
O Midleton Rugby Football Club é un equipo de rugby irlandés da localidade de Midleton, Condado de Cork (Munster). Actualmente xoga na segunda división da All-Ireland League, a terceira categoría da liga de clubs de Irlanda.
Historia [editar]
O club foi fundado orixinalmente na tempada 1927-28, mais desapareceu en 1934. O Midleton RFC foi refundado o 4 de marzo de 1967. Midleton foi ascendendo dende as competicións rexionais, buscando chegar á liga nacional, a All Ireland League, cousa que conseguíu en 1998 logo de gañar o Campionato de Munster. No 2001 ascendeu dende a Division 3 á Division 2. Na tempada 2006-07 o club viuse relegado novamente á Division 3. Entre os xogadores máis destacados que saíron do club están Tom Mulcahy, Gary Johnson, Ian Harty, Adrian Harty, Tom Lynch e Trevor Cox. Actualmente conta con xogadores importantes como Keith Cocking, James Colbert, Michael 'shmig' Daly e John Goold.
Palmarés [editar]
- Munster Junior Cup (2) 1997-98
- Cork Charity Cup (3) 1999, 2003, 2006
- Munster Junior Clubs' Challenge Cup (1) 1997
- Munster Junior League Division 1 (2) 1997-98
- Munster Junior League Division 2 (1) 1994