Microagnatozoos
| Micrognatozoos (Micrognathozoa) |
|||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Clasificación científica | |||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||||||
| Limnognathia maerski Kristensen & Funch, 2000 |
|||||||||||||||||||
Os micrognatozoos (Micrognathozoa, do grego μικρός micos, "pequeno", γνάθος gnathos "madíbula", e ζωον zōon, "animal", literalmente, "os pequenos animais con mandíbulas") son un filo de animais pseudocelomados de recente creación (Kristensen & Funch, 2000).[1]
Comprende unha soa especie, Limnognathia maerski, animal microscópico descuberto en Grenlandia no ano 2000. Os exemplares, capturados en mananciais termais da illa Disko (ver mapa), trasladáronse ao Museo de Zooloxía de Copenhaguen.
Este filo achégase aos rotíferos, acantocéfalos e gnatostomúlidos, dentro do clado dos Gnathifera.
Índice |
Características[editar]
Presenta moitas estruturas particulares que xustifican, segundo os autores, a súa separación nun filo propio.
Ten o corpo dividido en tres rexións ben diferenciadas, cabeza, tórax e abdome; o tórax lembra a un acordeón e pódese estender e contraer, sendo moi flexible cando o animal se move.
O tamaño medio do animal é de só 130 μm de lonxitude (menor que moitos ciliados), sendo un dos animais máis pequenos que se coñecen.
Aliméntase de algas verdes, diatomeas e bacterias, e para iso emprega unhas complexas mandíbulas formadas por 15 elementos independentes conectados con músculos e ligamentos.
En canto ao sistema nervioso, posúe un gran ganglio cerebral que ocupa a parte frontal da cabeza e do que saen un par de nervios ventrais cara a cola do animal.
O aparato dixestivo está formado por unha boca que está diante das mandíbulas, á que segue unha farinxe, un curto esófago e un intestino que posiblemente fai tamén a función de estómago e que vai reducindo o seu tamaño ata pecharse nunha placa anal. O ano só funcionaría temporalmente. Nos estudos feitos non se rexistrou a defecación, en cambio si se apreciou un comportamento de vómito a través da boca.
Esta especie conta con cilios ao longo de todo o seu corpo que poden ter unha función na alimentación e no desprazamento.
A excreción faise a través de dous pares protonefridios.
Reprodúcese por partenoxénese, o que quere dicir que as femias producen crías sen fecundación por un macho. Noutras palabras, os individuos femias son capaces de clonarse a si memos.
Recentes estudos propoñen que os individuos, cando son novos, convértense en machos e, cando envellecen, transfórmanse en femias.
Filoxenia[editar]
O seguinte cladograma, segundo Sørensen,[2] amosa as afinidades de Limnognathia:
| Gnathifera |
|
||||||||||||||||||
Notas[editar]
- ↑ Kristensen, R. M. & Funch, P., 2000. "Micrognathozoa: A new class with complicated jaws like those of Rotifera and Gnathostomulida". Journal of Morphology, 246: 1-49.
- ↑ Martin V. Sørensen (2007): "Micrognathozoa, a new microscopic animal group from Greenland" - ZMUC
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Información sobre L. maerski en ZMUC. (en inglés) Consultada o 21/01/2013.
| Filos do Reino Animal |
| Acanthocephala | Acoelomorpha | Annelida | Arthropoda | Brachiopoda | Bryozoa | Chaetognatha | Choanozoa | Chordata | Cnidaria | Ctenophora | Cycliophora | Echinodermata | Entoprocta | Gastrotricha | Gnathostomulida | Hemichordata | Kinorhyncha | Loricifera | Micrognathozoa | Mollusca | Monoblastozoa | Nematoda | Nematomorpha | Nemertea | Onychophora | Orthonectida | Phoronida | Placozoa | Platyhelminthes | Porifera | Priapulida | Rhombozoa | Rotifera | Sipuncula | Tardigrada | Vetulicolia† | Xenoturbellida |