Michel Martelly
Michel Joseph Martelly, nado o 12 de febreiro de 1961 en Port-au-Prince, máis coñecido como Sweet Micky, é un músico e político haitiano.
Índice |
Traxectoria [editar]
Carreira musical [editar]
Fillo dun capataz dunha industria petrolífera, Martelly aprendeu a tocar o piano de maneira autodidacta. Despois de tentar estudar Medicina sen éxito, comezou a estudar Ciencias, pero deixou a universidade sen rematar a carreira, e alistouse na Academia Militar de Haití, de onde tivo que liscar logo de deixar embarazada a filla dun xeneral[1]. Emigrou aos Estados Unidos logo de casar cunha cidadá dese país, e seis meses despois regresou a Haití divorciado, en 1986. Volveu emigrar aos Estados Unidos cunha moza, coa que tivo o seu primeiro fillo en Miami, pero aos poucos meses regresa a Port-au-Prince, onde comeza a tocar os teclados en locais nocturnos.
Foi un dos primeiros en tocar kompas, un estilo de música de baile caribeño, cantado en crioulo haitiano. Nesas é cando lanza a súa banda, Sweet Micky, e comeza a labrar unha sona como performer, dando concertos provocadores e empregando letras satíricas inzadas de comentarios sociopolíticos. En 1988 gravou o seu primeiro álbum en solitario, Ooo La La, que foi un grande éxito, e ao ano seguinte Konpas Foret des Pins. Dende entón Martelly gravou catorce álbums, ata que anunciou a súa retirada en 2006. Porén, en 2008 regresaba aos escenarios.
Discografía [editar]
| Title | Date | Label |
|---|---|---|
| Woule Woule | 1989 | |
| Anba Rad La | 1990 | |
| The Sweetest | 1992 | |
| Men Koze-A | 1993 | |
| I Don't Care | 1994 | |
| Pa Manyen | 1995 | |
| Tout Ce Mately | 1996 | |
| Aloufa | 1997 | |
| 100.000 Volts | 1998 | |
| Dènye Okazyon | 1999 | |
| 'SiSiSi | 2001 | |
| Totot | 2003 | |
| GNB | 2005 | |
| Bandi Legal | 2008 |
Política [editar]
Situado á dereita do espectro político, ten vencellos cos partidarios do golpe de estado de 1991, que derrubou o presidente Jean-Bertrand Aristide[2] [3] De feito, o club que rexentaba era o centro de actividade nocturna de boa parte dos militares golpistas.
En xullo de 2010 anunciou a súa candidatura ás eleccións lexislativas e presidenciais de Haití pola formación Repons Peyizan. Despois de quedar terceiro por unha presada de votos (co 21.84%), pasou á segunda rolda logo de que o segundo clasificado, Jude Célestin tivera que retirarse logo de acusacións de fraude masiva. Na segunda volta enfrontouse a Mirlande Manigat o 20 de marzo de 2011, e resultou elixido presidente de Haití por unha ampla diferenza[4].
Notas [editar]
- ↑ Balmaseda, Liz. The Sweet Life of Michel Martelly. Palm Beach Post. Jun 12, 2007. Retrieved Feb 03, 2011.
- ↑ Wadner, Pierre. "Michel Martelly, Stealth Duvalierist" The Dominion. 16 décembre 2010.
- ↑ Ackerman, Elise. "His Music Rules in Haiti: Sweet Micky's provocative music moves Haitians with an infectious beat and political overtones". Miami New Times. 29 mai 1997.
- ↑ Haiti: Michel Martelly 'defeats' Mirlande Manigat, BBC News, 5/4/2011.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Web da campaña electoral(ligazón morta, agosto de 2012)