Michael O'Hanrahan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Michael O'Hanrahan

Michael O'Hanrahan ou Míchéal Ó hAnnracháin, nado o 17 de marzo de 1877 en New Ross e executado o 4 de maio de 1916 na prisión de Kilmainhan Gaol, foi un rebelde irlandés que participou activamente no Alzamento de Pascua de 1916.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Newrose (Irlanda), foi o segundo comandante do Terceiro Batallón de Dublín baixo o comandante Thomas MacDonagh, e mantivo este cargo ata que a última hora se adheriu John MacBride. Loitou na fábrica de galletas de Jacob, e ata que o batallón tivo unha participación efectiva mínima no Alzamento, xa que o Exército Británico rodeou a súa posición e non os atacou directamente. Foi condenado a morte por un consello de guerra e fusilado o 4 de maio de 1916. O seu irmán, Henry O'Hanrahan, foi condenado a servidume de por vida polo seu papel no Alzamento de Pascua.[1]

A Estación de Wexford foi rebautizada no seu honor, así como a ponte sobre o río Barrow na súa localidade natal de New Ross.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1916 Rebellion Handbook, p. 281.