Michael Nesterowicz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Michael Nesterowicz
Nome completoMichael Nesterowicz
Data nacementoca. 1974
Nado enWrocław, Polonia Polonia
OcupaciónDirector de orquestra.
Relacionado conOrquestra Sinfónica de Tenerife
editar datos en Wikidata ]

Michael Nesterowicz, nado contra o ano 1974 en Wrocław (Polonia), é un director de orquestra polonés. Dende a tempada 2012-13 é o director artístico da Orquestra Sinfónica de Tenerife, posto que desempeñará canto menos durante catro anos.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nesterowicz naceu na cidade polonesa de Wrocław, onde estudou dirección orquestral co profesor Marek Pijarowski na Academia de Música da cidade polonesa, finalizándoos en 1997. Tan só dous anos despois de finalizar os seus estudos gañou o Concurso Internacional de Dirección Grzegorz Fitelberg celebrado na cidade polonesa de Katowice.[2]

En 2004 foi nomeado director artístico da Filharmonia Bałtycka de Gdánsk (converténdose no director máis novo en converterse no director musical da orquestra con tan só 29 anos),[3] e catro anos despois gañou o Concurso Internacional de Dirección organizado pola Orquestra de Cadaqués na localidade catalá de Cadaqués.[2] O triunfo no concurso catalán impulsou a carreira de Nesterowicz, quen dende ese momento pasou a dirixir a maioría das orquestras españolas, italianas, suízas, británicas e polonesas.[4] En 2007 anunciábase o nomeamento de Nesterowicz como director titular da Orquestra Sinfónica de Chile polos seguintes dous anos, asumindo o cargo en marzo de 2008.[3]

Na tempada 2012-13 debutou cun grande éxito da crítica á fronte da Tonhalle Orchester de Zúric (Suíza), así como outras destacadas orquestras europeas como a Royal Philharmonic Orchestra de Londres (Inglaterra), a Orchestre National de Belgique de Bruxelas (Bélxica), e realizou o seu debut en Rusia (11 de marzo de 2012).[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. elescobillon.com (ed.). "Michael Nesterowicz y la ‘espantá’ Lü Jia" (en castelán). Consultado o 22 de febreiro de 2014. 
  2. 2,0 2,1 Orquesta Sinfónica de Tenerife (ed.). "Michal Nesterowicz, Director" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2014. Consultado o 22 de febreiro de 2014. 
  3. 3,0 3,1 noticias.universia.cl, ed. (25 de agosto de 2007). "Michael Nesterowicz es el nuevo director titular de la Orquesta Sinfónica de Chile" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2014. Consultado o 22 de febreiro de 2014. 
  4. 4,0 4,1 Orquestra Sinfónica de Galicia (ed.). "Programa 13" (PDF) (en galego e castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de febreiro de 2014. Consultado o 22 de febreiro de 2014. 
  5. Tribuna de Canarias, ed. (12 de marzo de 2012). "Michael Nesterowicz, protagoniza la portada del mes de marzo de “Melómano”" (en castelán). Consultado o 22 de febreiro de 2014. [Ligazón morta]