Michael McGoldrick

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Michael McGoldrick tocando unha frauta irlandesa no Festival Intercéltico de Lorient de 2013.

Michael McGoldrick (Manchester, 1971) é un músico inglés de pais irlandeses que toca a frauta e a frauta irlandesa grave. É considerado como un dos mellores frautistas vivintes no campo da música irlandesa. Tamén toca a gaita irlandesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi membro de varias bandas influentes e é moi demandado como músico invitado. En 1994 gañou o premio da BBC á Tradición Nova, e en 2001 o de Instrumentista do ano nos premios de folclore da BBC Radio 2.

McGoldrick foi membro fundador dunha banda de rock celta, Toss the Feathers cando aínda estaba na escola. Tamén participou en Fleadhanna, con Dezi Donnelly e John Kelly. Fixo aparicións en varios festivais locais e nacionais e desenvolveu talleres de frauta/frauta irlandesa no Festival Folclórico de Cambridge e para Folworks na súa xira de concertos "Flutopía".

McGoldrick formou a banda Fluke! (máis tarde renominada Flook) con Brian Finnegan e Sarah Allen en novembro de 1995. Tras unha xira abandonouna para perseguir outros proxectos. Foi un dos primeiros membros de Lúnasa e tocou nos seus dous primeiros álbums.

Uniuse a Capercaillie en 1997, tocou regularmente para o Afro-Celt Sound System e para a banda de Kate Rusby e agora ten a súa propia banda, Michael McGoldrick Band.

Gravou tres álbums en solitario: Morning Rory, Fused e Wired, nos que experimentou con outros xéneros musicais. O seu álbum At First Light con John McSherry (tamén ex-Lúnasa) retróuxoo ás súas raíces musicais.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]