Michael Löwy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMichael Löwy

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de maio de 1938 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
São Paulo, Brasil Editar o valor em Wikidata
Director de investigación do CNRS
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia
Brasil Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade París-Descartes - Doutoramento (pt) Traducir (–1975)
École des hautes études en sciences sociales (pt) Traducir - Doutoramento (pt) Traducir (–1964)
Universidade de São Paulo Editar o valor em Wikidata
Director de teseLucien Goldmann (pt) Traducir e Louis-Vincent Thomas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsociólogo , profesor universitario , filósofo , pesquisador (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Kassel (pt) Traducir
Centre national de la recherche scientifique
Universidade de París 8
École des hautes études en sciences sociales (pt) Traducir
Universidade de Tel Aviv Editar o valor em Wikidata
Partido políticoNovo Partido Anticapitalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
marzo de 2019Manifesto por un novo internacionalismo dos pobos en Europa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoEnzo Traverso e Juan Agulló (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm10373306 Bitraga: 968 iTunes: 467073038 Editar o valor em Wikidata


Michael Löwy, nado en São Paulo o 6 de maio de 1938, é un pensador marxista brasileiro radicado en Francia, onde traballa como director de investigacións do Centre national de la recherche scientifique. É un relevante estudoso do marxismo, con investigacións sobre as obras de Karl Marx, Lev Trotski, Rosa Luxemburg, Georg Lukács, Lucien Goldmann e Walter Benjamin.

Biografía[editar | editar a fonte]

Fillo de inmigrantes xudeus de Viena (Austria), Michael Löwy pasou a infancia e adolescencia na súa cidade natal. En 1960 licenciouse en Ciencias Sociais pola Universidade de São Paulo, tendo por compañeiros a Roberto Schwarz e Gabriel Bolaffi. No ano seguinte, partiu cara a Francia, onde estudou baixo orientación de Lucien Goldmann, concluíndo o doutoramento en 1964, cunha tese sobre a Revolución comunista na obra do Marx mozo.

Logo dalgúns anos vivindo en Israel, Löwy retornou a Francia en 1969, pasando a traballar na Université de Paris VIII como asistente de Nicos Poulantzas. En 1976 obtivo o doctorat d’État cunha tese sobre a evolución política de Lukács de mozo.

En 1978 paso a ser profesor de Socioloxía no Centre national de la recherche scientifique de París, e despois director de investigacións da mesma institución.

Casou con Ilana Zelmanowicz, coa que tivo dous fillos. En 1980 separáronse, e Löwy casou con Eleni Varikas, historiadora de orixe grega.

Militancia política[editar | editar a fonte]

Entre as décadas de 1950 e 1960 formou parte da Liga Socialista Independente, organización que contaba con Hermínio Sacchetta entre os seus dirixentes. En 1968 asociouse á Cuarta Internacional, converténdose en membro da Primeira sección, a Liga Comunista. Na súa militancia revolucionaria, Löwy estivo constantemente atento ás loitas sociais e organizacións políticas de esquerda, das Ligas Camponesas ao Movemento dos Sen Terra, amais do Partido dos Trabalhadores e o Partido Socialismo e Liberdade.

Obra[editar | editar a fonte]

A obra de Michael Löwy abrangue unha ampla gama de cuestións, que van de Marx e o marxismo até o surrealismo, marcada por un interese constante polo pensamento libertario. Os seus libros e ensaios ocúpanse principalmente da socioloxía do coñecemento, con énfase sobre o socialismo e as ideas radicais, abarcando temas como a teoría da Revolución permanente de Trotski, o Romanticismo anticapitalista, o nacionalismo e o internacionalismo, o marxismo na América Latina, a dimensión utópica do xudaísmo, a socioloxía das relixións, a teoloxía da liberación e o ecosocialismo. Entre os diversos pensadores sobre os que Löwy escribiu, destacan Karl Marx, Max Weber, Georg Lukács, Walter Benjamin, Rosa Luxemburg, Lev Trotski, Ernest Mandel, José Carlos Mariátegui e Che Guevara. No campo das artes e da literatura, escribiu ensaios sobre escritores como Franz Kafka e Christa Wolf, alén dos estudos sobre o surrealismo.

Traducións ao galego[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]