Micerinos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tríade de Menkaura Museo Exipcio do Cairo
Restos do templo e a pirámide de Menkaure (Giza)

Menkaure, Micerinos. (-2532 - -2502) foi o penúltimo faraón da Dinastía IV. Construtor da terceira pirámide do conxunto de Giza. Fillo de Quefrén e neto de Queóps.

O que sabemos da súa vida son datos de carácter anecdótico que lle debemos a Herodoto, que o define coma un monarca moi piadoso e xusto gobernante. O seu complexo piramidal escavouno George Reisner aínda que a pirámide xa fora asiduamente visitada dende o século XIX, incluído o Coronel Howard Vyse que sacou o sartego da súa situación e tratou de levalo a Inglaterra por mar, pero o barco que o trasladaba o Beatrice naufragou en outubro de 1838 fronte ás costas españolas, preto de Cartagena.

A pirámide, moito menor que as dos seus antecesores, sufriu varios cambios durante a súa construción dende o seu plan orixinal, e posiblemente xamais foi acabada. No complexo piramidal acháronse varias estatuas en diversas formas de representación como as Tríades, algunhas representado xunto coa súa esposa Khamerernebty II. Destaca unha Tríade atopada pola expedición de Harvard-Boston no templo do Val do rei en 1908, feita en cuarcita gris e onde aparece representado coa deusa Hathor e a personificación do nomo XVII do Alto Exipto.

Titulatura[editar | editar a fonte]

Xeróglifo
N5 mn
n
D28
Z2s

Eterno coma os espíritos (Ka) de Re
Imperio Antigo

Segue a:
Baefra
Micerinos
Precede a:
Shepseskaf
Dinastía IV