Mia Rose

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMia Rose

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(pt) Maria Antónia Sampaio Rosa Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(pt) Maria Antónia Teixeira Rosa Editar o valor em Wikidata
26 de xaneiro de 1988 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
Wimbledon, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesMia Rose Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
EducaciónSaint Julian's School (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoComposición musical Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncantautora , youtubeira , modelo , produtora de televisión , actriz , cantante , compositora , artista discográfico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2006 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
TesituraMezzosoprano lírica Editar o valor em Wikidata

InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoUniversal Music Group Editar o valor em Wikidata

Páxina webofficialmiarose.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm3249938 Facebook: MiaaRose Twitter: miaarose MySpace: miarosemusic Editar o valor em Wikidata

Mia Rose, nome artístico de Maria Antónia Sampaio Rosa, nada en Londres o 26 de xaneiro de 1988, é unha cantora - compositora luso - inglesa que atinxiu o éxito a través do sitio web de vídeos YouTube, onde rapidamente se situou entre os artistas máis vistos.

Desde 2007 até 2011 foi a artista con maior número de seguidores no Reino Unido, e, no mesmo país, ten o segundo canal de YouTube con maior número de subscricións. Os vídeos de Mia Rose xa foron vistos máis de 125 millóns de veces. Rose ten máis asinantes no seu canal YouTube, a nivel mundial, que Beyonce, U2, Justin Timberlake ou os Coldplay.[1] Mia Rose xa foi asunto de artigos na Rolling Stone,[2] The Sun[3], The Age [4] (publicado tamén no Sydney Morning Herald [5]), foi tamén destacada na BBC Radio 5 Live podcast[6].

En xaneiro de 2007, Mia asinou contrato coa NextSelection/Universal a través de Ryan Leslie.[7] Pasado un mes Rose estabeleceu contrato con Tommy Mottola da Mottola Company para xestión de carreira. Ao longo do seu tempo nos EU, Mia Rose traballou con produtores e compositores como Brent Pashke, Uness e Kara DioGuardi. Mia gravou dous discos, "Hold Me Now" e "Hot Boy" para a editora NextSelection que non chegaron a ser publicados. Debido ás dificultades que as grandes editoras estaban a atravesar a causa da revolución dixital, Mia decidiu regresar a Europa para centrar os seus esforzos en aumentar a súa base de fans e seguir a súa carreira como artista DIY, sentindo que reter o control sobre a súa música sería o o camiño máis acertado.

Música[editar | editar a fonte]

O día 29 de decembro de 2006, durante o período de vacacións da universidade, Mia abriu unha conta no sitio web de compartir vídeos YouTube baixo o nome "miaarose". No seu canal persoal, Mia comezou a pór un vídeo novo todos os días onde cantaba versións dos seus artistas preferidos. Despois de dúas semanas, colocouse entre os músicos máis vistos do YouTube, suscitou o interese de varias editoras multinacionais e foi asunto de noticia de varias publicacións en papel e en liña.[2]

En maio de 2009, Mia gravou e autopromoveu o seu primeiro disco "Let Go", lanzando o tema no iTunes de Portugal, onde rapidamente se tornou na descarga máis vendida do ano e alcanzando o segundo lugar no cume portugués. Mia Rose foi para Portugal, onde residiu por un tempo, tendo moitos fans portugueses.

Mia Rose ten unha enorme cantidade de fans a nivel mundial. Durante unha videoconferencia cos mesmos, no Kyte.tv, no día 15 de outubro de 2009, recibiu máis de 7 500 mensaxes de 27 países en 90 minutos, incluíndo os Estados Unidos, o Canadá, o Perú, a gran maioría do territorio europeo, Qatar, o Xapón, a India e Malaisia. Durante un evento que tivo lugar en 2008, Rose coñeceu a Rania de Xordania, que confesou ser fan da música de Mia.[8]

O seu éxito como artista DIY, debido á exposición no YouTube, levou a que recibise convites para eventos prestixiosos como a Google Zeitgeist[9] e a SIME na Suecia [10], para falar da súa carreira. A súa filosofía DIY está presente en todos os pasos que dá, en 2009 Mia lanzou varios pasatempos para os seus fans cuxos premios consistían en pasar un día con Mia Rose en Londres, escoller unha das pistas a ser editada no seu máis recente traballo, e deseñar a capa do seu novo disco.

Rose mudouse para Londres en setembro de 2009 e asinou contrato coa citizensound, axencia que xestiona a súa carreira.[11]

O seu segundo disco de dúas pistas, "What Would Christmas Be Like?/Fallin’ For You" foi lanzado exclusivamente a través do seu sitio web miaroseworld.com no día 2 de decembro de 2009. Foi composto por Mia e estreado no seu canal YouTube no día 1 de decembro de 2009. O vídeo para o novo disco foi gravado no Brasil polo realizador e actor Rafael Almeida.

A segunda pista incluída neste lanzamento, "Fallin' For You" é da autoría de Colbie Caillat e foi escollida polos fans de Mia de entre catro músicas posíbeis. Foi claramente o tema vencedor, co 45% dos votos, máis do dobre da música que ficou en segundo lugar. O vídeo da versión de Mia foi visualizado máis de 200.000 veces en apenas un mes desde que foi posto no YouTube.[12] Mia Rose procura envolver os seus fans en todo o que fai, optando por deixar un dos seus fans (vencedor dun pasatempo) deseñar a capa do disco.[13]

Ambos os temas foron producidos en Londres por Tyrell, que xa traballou con artistas como David Bowie, Simply Red, Lily Allen e P. M. Dawn.[14]

En 2011 Mia Rose estaba incluída na división de celebridades da Models 1 xuntamente con Lois Winstone, Mika, Joely Richardson e Robert Pattinson.[15]

Participou da miniserie brasileira Acampamento de Férias 2 - A Árvore da Vida (Campamento de Vacacións 2 - A Árbore da Vida), interpretando Nanda.[16]

Recepción na prensa[editar | editar a fonte]

Alexa Baracaia, xornalista da Evening Standard publicou o día 30 de xaneiro de 2007, que o canal YouTube de Mia Rose estaba atraendo máis de tres millóns de visitas por mes mais resaltou que existían alegacións de "falsos comentarios" a ser feitos co propósito de aumentar o seu chamamento.[17] En febreiro de 2007, o Sydney Morning Herald lanzou a noticia de que a súa páxina YouTube tiña atinxido as duascentas mil sinaturas ás tres semanas da súa estrela, o que a converteu, naquel momento, na artista con maior número de subscricións de sempre.[5] En marzo de 2008, a revista Forbes relatou a nomeamento de Mia Rose para os premios 2008 YouTube Video Awards (Premios de Vídeo de Youtube de 2008) .[18]

Outras Participacións[editar | editar a fonte]

No 2011, Mia Rose, foi xurado no programa da RTP1 :"A Voz de Portugal".

Discografía[editar | editar a fonte]

EPs[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.youtube.com/members?s=ms&t=a&g=1
  2. 2,0 2,1 Goodman, Elizabeth (25 de xaneiro de 2007). "YouTube Phenom Mia Rose Has Her Thorns?". Rolling Stone. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2008. Consultado o 2009 maio 6. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2016. Consultado o 04 de marzo de 2016. 
  4. DWYER, MICHAEL (2007-02-08). "The rise of the faux internet indie". The Age (en inglés). Consultado o 2019-01-16. 
  5. 5,0 5,1 "The rise of the faux internet indie". Sydney Morning Herald. 8 de febreiro de 2007. Consultado o 6 de maio de 2009. 
  6. http://www.bbc.co.uk/blogs/outriders/2007/01/show_notes_davos_diggnation_an.shtml
  7. "The Phenom: At 15, he went to Harvard. At 19, he had a degree in government and politics. At 29, Ryan Leslie is a budding hip-hop mogul". The Boston Globe. 31 de maio de 2008. Consultado o 2009 maio 6. 
  8. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2010. Consultado o 03 de setembro de 2012. 
  9. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2012. Consultado o 07 de setembro de 2012. 
  10. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2010. Consultado o 07 de setembro de 2012. 
  11. http://www.citizensound.net/2009/12/02/is-this-the-diy[Ligazón morta]
  12. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2010. Consultado o 19 de setembro de 2012. 
  13. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2010. Consultado o 19 de setembro de 2012. 
  14. http://www.tyrrell-online.com/
  15. "Models 1 Europe's Leading Model Agency". www.models1.co.uk. Consultado o 2019-01-16. 
  16. http://redeglobo.globo.com/novidades/noticia/2011/01/acampamento-de-ferias-ii-cantora-mia-rose-tambem-esta-na-minisserie.html
  17. Baracaia, Alexa (30 de janeiro de 2007). "I'm YouTube's biggest hit". thisislondon.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2013. Consultado o 7 de maio de 2009. 
  18. "Will the Obama Girl win a YouTube award?". Forbes. 20 de marzo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2010. Consultado o 7 de maio de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]