Miñato mouro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miñato mouro
Adlerbussard.jpg
Estado de conservación
Status iucn3.1 LC gl.svg
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Falconiformes
Familia: Accipitridae
Xénero: Buteo
Nome científico
''Buteo rufinus
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O miñato mouro (Buteo rufinus) é unha ave de rapina da orde das falconiformes. Non está presente en Galicia.

Índice

[editar] Descrición

De tamaño e comportamento semellantes os da especie Buteo lagopus. Mide uns 64 cm. de lonxitude. Caracterízase por ter as ala proporcionalmente longas. Amosa unha gran variedade individual de coloración, dándose dende exemplares moi claros ata outros moi escuros, pero en xeral na sua plumaxe predominan as cores beixe e vermella rosada. A cabeza e o pescozo son claros e sen debuxos, e contrastan co vermello rosado do peito e do ventre. As plumas claras da parte inferior das alas contrastan cos flancos escuros. A cor da cola, que non ten franxas, vai do avermellado ó branco. Os exemplares novos teñen a cola de cor branca ateixada, a miúdo con bandas.

Distribución xeográfica do miñato mouro

[editar] Distribución e hábitat

O seu hábitat son paisaxes montañosas ou abertas, estepas e desertos. No inverno aparecen en terras de cultivo. Vive dende Marrocos ata Mongolia. En África a súa área de cría chega ata zonas moi interiores do Sahara en Alxeria e noroeste de Mauritania.

[editar] Reprodución

Gosta de face-lo niño en sitios elevados, dende os que poida espreitar ben os arredores. Por iso escolle frecuentemente paredes verticais e acantiladas. De tódolos xeitos non descarta outras localizacións, aínda que moi raramente utiliza árbores. Pon en xeral uns tres ovos que son incubados a partir de abril ou primeiros de maio. A finais de xuño os polos son xa capaces de voar.

[editar] Alimentación

A meirande parte da súa dieta esta composta por mamíferos pequenos ou medianos. As súas presas máis habituais son os roedores. Segundo algunhas observacións, podería tamén capturar ocasionalmente mamíferos meirandes, coma o furón. Só en casos de escaseza de alimento captura paxaros, reptiles ou insectos. A carniza formaría tamén parte da súa dieta, especialmente nos lugares de invernada. Procura as presas voando baixo ou pousado nun punto alto.

[editar] Weblinks

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas